O máis importante para nós é garantir a súa seguridade, por iso establecemos uns límites en canto ao número de operacións e cantidades que se poden enviar con Bizum. Non obstante, dentro destes límites, cada entidade pode establecer o seu.
- Importe mínimo por operación: 0,50 €
- Importe máximo por operación: 1.000 €
- Número de operacións enviadas por un cliente: ilimitado
- Importe das operacións enviadas por cliente nun día: 2.000 €
- Importe das operacións enviadas por cliente nun mes: 5.000 €
- Número de operacións recibidas por un cliente nun mes: 60 operacións
- Importe das operacións recibidas por cliente nun día: 2.000 €
- Número máximo de destinatarios a incluír nunha solicitude/envío múltiple: 30 destinatarios
- Número de solicitudes realizadas por un cliente nun mes: 60 operacións
- Duración do envío pendente a un Non cliente: 2 días
- Duración da solicitude pendente a un Non cliente: 7 días
- Tempo máximo de almacenamento para contido adicional nos servidores do servizo: 30 días
Lembra que estes límites non se aplican ás compras en tendas e ás doazóns . Se tes máis dúbidas, animámosche a contactar coa túa entidade para coñecer os límites que esta establece.
Artigos relacionados: