Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 16/10/24
Última actualización: 18/11/26

Seguramente, en máis dunha ocasión, preguntácheste canto tarda un bizum en chegar. Pois prepárate para flipar, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, liches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un bizum é tan rápido que se podería dicir que os cartos se “teletransportan” dunha conta a outra en cuestión de segundos.

Pero se tes máis dúbidas sobre canto tarda un bizum en chegar, preparamos este artigo para resolver todas as túas dúbidas, bizumer.

Canto tarda en chegar un bizum se estou no estranxeiro?

E se estou de vacacións no estranxeiro canto tarda en chegar un bizum? Exactamente o mesmo! Dá igual que esteas en Italia, Chile ou en Xapón, os teus cartos viaxarán á velocidade da luz independentemente da distancia entre emisor e receptor. Polo que xa ninguén ten escusa para saldar débedas a tempo.

* Consello extra: Iso si, nada de usar redes WIFI non seguras para acceder ao teu banco.

Canto tarda en chegar un bizum a contas andorranas?

A que adiviñas a resposta?… Iso é! Menos de cinco segundos! Non te preocupes máis por canto tarda en chegar un bizum, xa que Bizum é igual de rápido sexas do mesmo banco, doutra entidade ou dun banco andorrano. Porque Bizum naceu co obxectivo de ser rápido, seguro e cómodo de usar e así seguirá sendo sempre

Canto tarda un bizum en chegar se me acabo de rexistrar en Bizum?

Dá igual se es un neófito de Bizum ou todo un experto, saldar as túas débedas é rapidísimo. Por iso, unha vez te deas de alta poderás operar tan rápido e seguro que Bizum pasará a ser o teu medio de pago favorito (non temos probas, pero tampouco temos dúbidas).

E no caso de que te rexistrases dentro do período establecido, ao recibir o aviso de que che enviaron un bizum, canto tarda un bizum en chegar? Pois os teus cartos chegarán unha vez completes o rexistro. Así de fácil!

Canto tarda un bizum en chegar? É máis rápido se o solicito?

Imos poñerte en contexto:

Unha noite calquera sas cear cos teus amigos, despois de pasar un bo rato xuntos toca pagar. Empezan os “pagas ti, pago eu, pagamos a medias”… E finalmente pagas ti e o resto dicheche que che fará un bizum. Pero canto tarda un bizum en chegar? Séculos nalgúns casos, pero aquí é pola preguiza dos teus amigos.

Ante situacións tan recorrentes como esta envía unha solicitude de Bizum para que ninguén esqueza pagar a conta exacta! Ademais, para casos en que hai varios implicados, tamén podes solicitar que paguen a súa parte coas solicitudes múltiples.

Por se tes dúbidas de como se solicita un bizum estes son os pasos:

  • Entra no apartado de Bizum da túa app bancaria e selecciona a opción “Solicitar diñeiro”
  • Selecciona a cantidade e engade a todos eses amigos que che deban cartos (que non se libre nin un). Lembra escoller sempre o teléfono desde a axenda premendo no botón +.
  • Acepta a operación de solicitude.

Unha vez aceptes, chegaralles a todos unha notificación que deben aceptar. Se o fas con eles verás canto tarda en chegar un bizum: só un pestanexo e terás os cartos na túa conta!

Canto tarda un bizum en chegar e por que non o recibín?

Se o teu amigo che di que che enviou un bizum e ti estás co móbil na man actualizando a pantalla coma tolo pero os cartos non aparecen e preguntas “Canto tarda en chegar un bizum? Xa debería ter chegado, non te preocupes. Pode haber un par de motivos:

  • Retención bancaria: aínda que Bizum é super rápido, en ocasións os bancos poden reter algunhas operacións durante as primeiras horas por motivos de seguridade. Se cres que este pode ser o teu caso, ponte en contacto co teu banco para que cho confirmen
  • Número de teléfono incorrecto: o máis probable é que o teu amigo se despistase un pouquiño e enviase o bizum a outra persoa. Neste caso, confirma co teu amigo que che enviou ben o bizum.

Agora que xa sabes canto tarda un bizum en chegar, tes todos os argumentos para conseguir que as túas débedas queden saldadas no momento.