Incidencias
Atopa solucións ás incidencias máis habituais ao utilizar Bizum.
Resultados
Non atopamos resultados para a túa busca
Pero podemos axudarche a atopar a información que precisas. Proba con outros termos, emprega palabras máis xerais ou consulta algunhas das buscas máis habituais:
Preguntas frecuentes
- Todo
- Particulares
- Empresas
Equivoqueime ao facer unha doazón, que podo facer?
Bizum funciona como unha transferencia bancaria: non se pode cancelar unha vez enviado o diñeiro. Antes de confirmar, bota sempre unha ollada á pantalla de validación para asegurarte de que todo está en orde.
Que pasa se, cando unha persoa acepta o envío/solicitude, eu non teño fondos na conta do meu banco?
Se a túa conta non ten fondos suficientes, a transferencia cancelarase. Non pasa nada: só tes que facer o Bizum de novo cando volvas ter saldo dispoñible.
Que debo facer se me dá erro ao intentar facer unha operación con Bizum?
O primeiro: non te preocupes. Se non recibiches a confirmación na pantalla, a operación non se chegou a realizar. Así de sinxelo.
Deime de baixa no meu banco sen darme de baixa en Bizum. Despois funme a outro banco e non me deixa darme de alta en Bizum porque me di que aínda sigo rexistrado co meu antigo banco. Que podo facer?
Non te preocupes! Só tes que contactar co teu antigo banco para que tramiten a túa baixa no servizo.