- Guía
- Doadores
- Entidades Sociais
- Primeiros pasos
Darse de alta como entidade social e comezar a recibir Bizums
Antes de comezar
A alta xestiónase coa túa entidade bancaria. Comproba que ofrece Bizum para entidades sociais e consulta que precisas para activar un código de doazón de cinco cifras para a vosa causa.
Que é o código de doazón? Unha forma sinxela de recibir apoio para a vosa causa
Con Bizum, as persoas que queren colaborar poden facer unha doazón desde a app do seu banco. Só teñen que entrar na opción de doazóns, seleccionar a vosa causa ou introducir o seu código de cinco cifras, indicar o importe e confirmar.
As achegas chegan directamente á conta da organización de forma inmediata. Así podedes centrarvos no que importa: axudar, colaborar, investigar e seguir impulsando a vosa causa.
O primeiro paso está no teu banco
Consulta a listaxe de bancos que ofrecen Bizum para entidades sociais e contacta co teu para iniciar a solicitude. Se non aparece, pregúntalle se está traballando en ofrecer esta solución.
O teu banco indicarache a documentación e as xestións necesarias para a alta. É tamén quen se encarga de activar o código de doazón para que podades comezar a recibir, nese mesmo momento, as achegas das persoas que queiran colaborar coa vosa causa.
Podedes pedir un código de doazón ou todos os que precisedes: un para cada causa, campaña, rexión, etc.
A túa entidade, lista para recibir doazóns en tres pasos
Unha vez estea dispoñible, dádeo a coñecer para que máis persoas poidan colaborar coa vosa causa.
-
Contacta co teu banco
Comproba que ofrece Bizum para entidades sociais e solicita a alta do servizo para a vosa organización.
-
Activa o voso código
Pide ao teu banco que habilite un código de doazón de Bizum de cinco cifras para a vosa causa. Podedes solicitar máis dun.
-
Comeza a recibir doazóns
Unha vez habilitado o código, as persoas que colaboren poderán doar desde a app do seu banco e as achegas chegarán directamente á vosa conta.
O voso código xa está activo. Agora, comparte a vosa causa
Axuda a que a vosa causa sexa máis doada de atopar en Bizum Impact
- Página
Por que Bizum Impact
Dá a coñecer o código de cinco cifras na vosa web, redes sociais e materiais de campaña. Explica que proxecto poden apoiar e como atopar a opción de doazóns de Bizum dentro da app bancaria.
Tamén podedes rexistrarvos en Bizum Impact para chegar a máis persoas. Bizum Impact conecta a persoas que queren axudar con causas que necesitan apoio. É un espazo para dar a coñecer o voso labor e facilitar que quen queira colaborar vos atope.
Facilita a solicitude do certificado de doazón
As persoas que fixesen unha doazón deben contactar coa vosa entidade social para solicitar o certificado.
Indicade un correo de contacto e a información necesaria para identificar cada achega: nome e apelidos, DNI, enderezo postal, correo electrónico, importe e data da doazón.
O que necesitas saber. Sen rodeos
Fixen unha doazón, como podo solicitar un certificado de doazóns?
Busca a organización na nosa listaxe e escríbelles un correo ao enderezo que verás alí. Para que poidan axudarche rápido, non esquezas incluír estes datos:
- Nome, apelidos e DNI.
- Enderezo postal e correo electrónico.
- Data e importe da túa doazón
Non o deixes para o último momento! Sempre antes do 31 de xaneiro do ano posterior á data na que fixeches a doazón.
Podemos integrar Bizum na nosa pasarela de comercio en liña?
Si. A solución pódese utilizar para recibir doazóns puntuais ou recorrentes e tamén se a organización conta cunha tenda en liña.
Onde se reciben as doazóns?
Unha vez habilitado o código, as doazóns recíbense directamente na conta da organización.
Como pode unha organización empezar a recibir doazóns con Bizum?
Debe contactar cunha entidade bancaria que dispoña de Bizum para entidades sociais e solicitar a creación dun código de doazón.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis