Saltar al contenido principal

Envíos e pagamentos

Consulta todo o noso contido sobre como enviar e recibir diñeiro e pagar con Bizum.

 

Resultados

Preguntas frecuentes

Particulares

Que pasa se, cando unha persoa acepta o envío/solicitude, eu non teño fondos na conta do meu banco?

Se a túa conta non ten fondos suficientes, a transferencia cancelarase. Non pasa nada: só tes que facer o Bizum de novo cando volvas ter saldo dispoñible.

Empresas

Como podo pagar con Bizum as miñas promocións, premios e descontos?

Pagar con Bizum este tipo de accións é doado e directo. Non necesitas saber o IBAN das persoas afortunadas: co seu número de teléfono abonda.

Empresas

Como podo incluír o botón de Bizum ou Bizum Pay na web da miña empresa? Cales son as condicións?

O primeiro paso é falar co teu banco e pechar o acordo comercial. Unha vez o teñas, indicaranche como integrar o botón de Bizum ou do novo Bizum Pay na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma.

Empresas

Que vantaxes me ofrece o pago online con Bizum?

O pago online con Bizum fai que todo sexa máis fácil no teu negocio. A nosa gran novidade é Bizum Pay, unha carteira dixital ou wallet que revoluciona a forma de cobrar en internet. Cun único botón na túa web ou app, os teus clientes poden escoller o método de pago que prefiran: directo desde a súa conta bancaria ou a través das súas tarxetas.