Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Primeiros pasos

Cambia Bizum de banco de xeito doado

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 16/10/24
Última actualización: 18/11/26

Antes de comezar

Leva Bizum á túa nova entidade e segue usando o mesmo número de teléfono. Podes facer o cambio mediante portabilidade desde a app do teu novo banco ou darte de baixa primeiro e volver activalo.

O teu Bizum, agora no teu novo banco

Bizum está asociado ao teu número de teléfono e a unha conta bancaria. Se cambias de entidade, podes vincular ese mesmo número á nova conta. Lembra que cada número de teléfono só pode estar asociado a un único IBAN.

Fai o cambio desde a túa nova entidade

A opción máis directa: entra en Bizum desde a app do teu novo banco e solicita o cambio de entidade.

  • Comproba que a conta da túa nova entidade está operativa e accede á súa app.

  • Entra na área Bizum e inicia a alta co mesmo número de teléfono.

  • Cando apareza o aviso para cambiar Bizum dunha entidade a outra, confirma a portabilidade.

  • O teu número quedará asociado á conta da nova entidade e poderás seguir enviando e recibindo Bizums.

Dá de baixa Bizum e actívao de novo

Se prefires facer o cambio en dous pasos, dá de baixa Bizum na túa entidade actual antes de rexistrarte na nova.

  • Entra na área Bizum da app da túa entidade actual e busca a opción de baixa nos axustes.
  • Confirma a baixa antes de pechar a conta bancaria. Así evitarás que o número siga vinculado á conta anterior.
  • Accede á app do teu novo banco, entra en Bizum e completa o proceso habitual de activación co mesmo número.
  • Se xa cancelaches a conta anterior, a baixa pode tardar uns días e terás que solicitala ao banco. Para un cambio inmediato, é mellor xestionala previamente.

Un número de teléfono, unha conta

Por seguridade, un número de teléfono só pode estar asociado a un IBAN. Unha mesma conta si pode estar vinculada a varios números de teléfono, por exemplo, cando varias persoas comparten conta. Se queres utilizar Bizum con dúas contas distintas, necesitarás dous números de teléfono diferentes.

Antes de pechar a túa antiga conta, revisa o teu Bizum

Se vas cancelar a conta do teu anterior banco, cambia Bizum de entidade ou tramita a baixa antes.

Deste xeito evitarás que o teu número siga asociado á conta anterior e poderás activar o servizo na nova sen esperas.

O que necesitas saber. Sen rodeos

Particulares

Teño que cambiar o meu número de teléfono?

Non. Podes manter o mesmo número e asocialo á conta da nova entidade.

Particulares

¿Podo ter Bizum en dous bancos co mesmo número?

Non. Cada número de teléfono só pode estar asociado a un IBAN.

Particulares

Debo darme de baixa antes de cambiar?

Non sempre. Se a túa nova entidade permite a portabilidade, poderás confirmar o cambio desde a súa app.

Particulares

Que fago se o cambio non se completa?

Contacta coa túa entidade bancaria.