Saltar al contenido principal

Seguridade e protección nos teus pagos

Usa Bizum desde a app do teu banco, cos seus sistemas de seguridade e autenticación

Baseado en tecnoloxía e estándares 100% europeos.

Que fai que Bizum sexa seguro?
Os maiores estándares de privacidade e protección.

Dentro da aplicación do teu banco

Bizum conta coas garantías e medidas de seguridade da túa entidade. Só ti poderás enviar diñeiro con Bizum.

Accede sempre a Bizum desde a app oficial do teu banco. Non necesitas entrar en ligazóns externas nin facilitar as túas claves bancarias para recibir diñeiro.

  1. O teu banco autentica cada operación cos seus propios sistemas de seguridade.

  2. Antes de confirmar, revisa o alias da persoa destinataria, formado polo seu nome e as iniciais dos seus apelidos, e o importe.

  3. Se algún dato non coincide ou algo non che cadra, non continúes coa operación.

Seguridade que evoluciona

Bizum cumpre a normativa de seguridade europea e española.

Traballamos para incorporar as actualizacións e innovacións que axuden a mellorar a protección do servizo.

  1. O servizo intégrase no contorno bancario e nos seus procesos de autenticación.

  2. As medidas de seguridade actualízanse para responder a novas necesidades e riscos.

  3. A seguridade é unha responsabilidade compartida: tecnoloxía, entidades e persoas usuarias.

Información para protexerte

Coñecer as fraudes máis habituais axuda a detectalas antes.

En Bizum compartimos consellos, avisos e pautas para que poidas utilizar o servizo con maior seguridade.

  1. Desconfía de mensaxes urxentes, premios inesperados ou solicitudes de diñeiro que non recoñezas.

  2. Non compartas claves, códigos de verificación nin credenciais bancarias.

  3. Ante calquera dúbida, contacta directamente coa túa entidade bancaria a través das súas canles oficiais.

O que necesitas saber. Sen rodeos

Resolvemos as dúbidas máis habituais sobre seguridade, fraudes e uso responsable de Bizum.

Ver todas as preguntas frecuentes
Seguridade e fraude Particulares

É seguro Bizum?

Bizum funciona dentro da app do teu banco e conta cos seus sistemas de seguridade e autenticación.

Seguridade e fraude

Que debo comprobar antes de confirmar unha operación?

Revisa toda a información, especialmente o alias da persoa destinataria e o importe. Se algo non coincide, volve atrás.

Seguridade e fraude Particulares

Bizum pedirame as miñas claves bancarias?

Non facilites claves, contrasinais nin códigos de verificación. Accede sempre desde a app oficial do teu banco.

Seguridade e fraude Particulares

Que fago se creo que sufrín unha estafa?

Reúne toda a información dispoñible, contacta coa túa entidade bancaria e presenta unha denuncia ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Antes de confirmar, para e comproba

O sentido común é o teu mellor aliado. Le toda a información da operación, comproba que os datos son correctos e non confirmes solicitudes que non recoñezas. Se tes dúbidas, contacta coa túa entidade bancaria.

Máis consellos para evitar fraudes e estafas

Estamos en cada paso

Actúa canto antes e conserva toda a información que poida axudar a revisar o ocorrido.

Paso 1:

Se xa enviaches diñeiro

Non confirmes novas solicitudes nin compartas máis información.

Paso 2:

Contacta co teu banco

Utiliza as canles oficiais da túa entidade e segue as súas indicacións.

Paso 3:

Garda as probas

Conserva mensaxes, xustificantes, números de teléfono, ligazóns e capturas de pantalla.

Paso 4:

Presenta unha denuncia

Acude ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado con toda a información dispoñible.

Resultados