Saltar al contenido principal

Chega Bizum Pay, a evolución da túa carteira

Esquécete de rebuscar nas túas tarxetas e de encher datos bancarios interminables.

Paga nas túas tendas físicas ou online favoritas elixindo ao instante se usas a túa conta ou a túa tarxeta. Rápido, seguro e cun só toque.

Unha soa app.
Dúas formas de pagar

Ti decides de onde sae o teu diñeiro en cada compra

Sen configuracións complicadas e en só un minuto.

  1. Directamente desde a túa conta. O Bizum de sempre, directo do teu banco ao datáfono. Pagas ao instante coa seguridade e o respaldo do teu banco. Sen tarxetas nin datos bancarios.

  2. Coas túas tarxetas bancarias. Vincúllaas á aplicación para ter sempre un plan B a man e elixe con cal pagar segundo che veña mellor.

Bizum Pay, todo vantaxes

Levar a carteira enriba xa é cousa do pasado. Descobre a forma máis cómoda, rápida e segura de pagar as túas compras:

Paso 1:

A experiencia que xa coñeces

O mesmo xesto de sempre, pero con máis opcións. Achega o teu móbil ao datáfono para pagar en tendas físicas. E para as túas compras online? Como ata agora: rápido e só co teu número de teléfono.

Paso 2:

Só necesitas a túa conta

Comeza a pagar directamente desde a túa conta bancaria. Tamén podes engadir as túas tarxetas bancarias para ter todas as túas opcións nun mesmo sitio. Así de Bizum.

Paso 3:

Igual de rápido ca un bizum

Goza da axilidade que xa coñeces: sen esperas, sen frición e sen encher datos interminables. Desbloqueas o móbil, se é Android, ou pulsas dúas veces no lateral, se é iOS, achégalo ao datáfono e pagas ao instante. Rapidez desde o proceso de pago ata as devolucións.

Paso 4:

Ti tes o control (e os teus pagamentos localizados)

Bizum Pay ten dobre verificación obrigatoria, así que só ti podes autorizar os pagamentos. Esquécete de sustos! Ademais, poderás revisar todos os teus movementos e mesmo localizalos no mapa para saber exactamente onde mercaches.

Paso 5:

Tranquilidade e confianza

A marca nacional na que xa confías para enviar diñeiro no teu día a día, agora acompáñate nas túas compras co respaldo e a seguridade do teu banco de sempre.

Actívao en tres pasos

Configurar Bizum Pay é tan rápido como usalo. Segue estes pasos e poderalo usar en dous minutos:

  1. Descarga a app e rexístrate. Baixa a app de Bizum Pay desde a túa tenda de aplicacións, xa sexa Android ou iOS.

  2. Activa a app co teu banco. Introduce o teu número de teléfono e segue as indicacións do teu banco asociado a Bizum para conectar a túa conta de forma segura. Tamén poderás activar, de forma opcional, as túas tarxetas.

  3. Listo para pagar. Só tes que achegar o teu móbil ao datáfono ou pagar online co teu número de teléfono.

Bizum Pay en cifras

Os números falan por si sós.

  1. 0 € en comisións. Gozas de todas as vantaxes de Bizum Pay de forma totalmente gratuíta. Non hai custos de activación nin de mantemento; o que custa a túa compra é exactamente o que pagas.

  2. + 30 millóns de bizumers. É a comunidade que xa usa Bizum no seu día a día. Ao activar Bizum Pay, súmaste á forma máis cómoda de mercar co respaldo e a confianza da rede de pagamentos máis grande do país.

  3. 100 % control dos teus gastos. Esquécete de perder o tempo repasando contas a fin de mes. Os teus movementos regístranse e ordénanse ao instante na túa aplicación para que saibas en que gastaches.

Resolvemos as túas dúbidas

Todo o que precisas saber para comezar a pagar con Bizum Pay, sen rodeos nin palabras raras.

Ver todas as preguntas frecuentes

Que é Bizum Pay?

Bizum Pay é a carteira dixital de Bizum que permite pagar en tendas físicas achegando o teléfono móbil ao datáfono con tecnoloxía sen contacto ou NFC.

Que podo facer se descargo Bizum Pay?

Ao descargar e activar Bizum Pay poderás empezar a pagar co teu móbil (a través de tecnoloxía sen contacto) en calquera tenda que acepte Bizum como método de pago. Ademais, desde Bizum Pay tamén poderás:

Poderei facer bizums a través de Bizum Pay?

Non é o mesmo facer un bizum ca pagar con Bizum.

En que se diferencia Bizum Pay doutras carteiras ou wallets?

A principal diferenza está na natureza de Bizum.

 

Todo sobre Bizum Pay, sen rodeos

O que tes que saber para sacarlle partido desde xa