Saltar al contenido principal

Empresas

Resolve as túas dúbidas sobre como integrar os servizos de Bizum no teu negocio.

Resultados

Preguntas frecuentes

Pagar con Bizum

Como podo pagar con Bizum as miñas promocións, premios e descontos?

Pagar con Bizum este tipo de accións é doado e directo. Non necesitas saber o IBAN das persoas afortunadas: co seu número de teléfono abonda.

Doazóns

¿Como podo activar o servizo de doazóns con Bizum?

É moi sinxelo. Só tes que comunicar ao teu banco —que debe estar adherido a Bizum— que queres ofrecer Bizum como opción para recibir doazóns.

Pago con Bizum

Como podo incluír o botón de Bizum ou Bizum Pay na web da miña empresa? Cales son as condicións?

O primeiro paso é falar co teu banco e pechar o acordo comercial. Unha vez o teñas, indicaranche como integrar o botón de Bizum ou do novo Bizum Pay na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma.

Primeiros pasos

Cales son os bancos que ofrecen pasarela de pagos con Bizum?

Nesta páxina tes a listaxe de bancos que o ofrecen actualmente. E isto segue medrando: cada vez súmanse máis entidades. Así que, se o teu aínda non está, pode que estea ao caer.