Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Empresas
  • Pagar con Bizum

Como integrar Bizum na páxina web dunha empresa?

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 3/4/25
Última actualización: 18/11/26

Tes un negocio en liña e queres facilitarlles as cousas aos teus clientes? Integrar Bizum na túa páxina web é a xogada mestra! Este sistema de pago é rápido, seguro e, o mellor de todo, doado de usar! Esquécete de procesos complicados e de perder clientes polo camiño. Con Bizum, os teus clientes poden pagar ao instante, só co seu móbil, sen ter que cubrir longos formularios.

Ademais, integrar Bizum na túa páxina web é tan sinxelo que non precisarás ser un experto en tecnoloxía para poñelo en marcha na túa tenda en liña. Explicarémosche todo o que necesitas saber para que a túa web se converta nun lugar onde pagar sexa tan doado como pedir un café. Vamos a por iso!

Vantaxes de integrar Bizum na web

Integrar Bizum na web non só mellora a experiencia dos teus clientes, senón que tamén che fai lucirte como un visionario do e-commerce, independentemente do tamaño do teu negocio. Por que? Mira isto:

  • Pagos nun clic (ou case). Os teus clientes pagan co seu móbil en segundos, introducindo tan só o seu número de teléfono.
  • Menos carriños abandonados. Ao non haber complicacións, os teus bizumers rematarán as súas compras sen pensalo dúas veces.
  • Funciona con case todos os bancos. Máis cobertura, máis vendas.
  • Con límites adaptados a cada necesidade: os límites de pago en comercios non teñen que ver cos límites entre particulares. O pago en liña con Bizum está adaptado a pagos grandes e pequenos 😉.
  • Garantía: Se o prefires, poderás dispor do diñeiro automaticamente na conta e, ademais, contarás coas mesmas garantías que o resto de métodos de pago.
  • Todo baixo control. Pagos seguros, rápidos e, sobre todo, fiables.

Se decides integrar Bizum na web, os teus clientes estarán tan contentos que volverán unha e outra vez.

Pasos para integrar Bizum na web

Mans á obra: aquí tes os pasos para integrar Bizum na web e non morrer no intento:

  • Fala co teu banco. É o primeiro paso para ser bizumer pro.
  • Instala o módulo ou plugin. Se usas plataformas como WooCommerce ou PrestaShop, Bizum ten ferramentas listas para que non te compliques. Se tes unha web personalizada, o teu banco proporcionarache a API que necesitas.
  • Proba que todo funcione. Antes de activalo, fai probas. Así evitas problemas e os teus clientes terán unha experiencia sen fallos.
  • Actívao e celebra. Agora si, xa podes empezar a recibir pagos ao instante. Que comece a festa bizumer!

Integrar Bizum na web non che levará máis tempo que preparar un bo café se a túa plataforma xa ten soporte.

Cales son as condicións para integrar Bizum na web?

Integrar Bizum na web ten os seus requisitos, pero non te preocupes, non é nada do outro mundo:

  • Un e-commerce activo. Xa sexa a través da túa web ou desde pasarelas de pago que converten as compras a través dunha ligazón, como, por exemplo, ocorre nas redes sociais.
  • Un banco compatible. Confirma coa túa entidade que ofrece Bizum para empresas e cales son as súas condicións.
  • Cumprir coas normas de seguridade. É importante ter un contorno seguro para protexer os datos dos teus clientes (e para que ti esteas tranquilo).

Se non tes claro algún punto, o teu banco será o teu mellor aliado para resolver dúbidas e darche luz verde.

Canto tarda en estar activo Bizum nunha web?

O tempo para integrar Bizum na web depende do tipo de integración:

  • Con plugins estándar. Se usas unha ferramenta como WooCommerce, en menos de 48 horas poderías estar funcionando como un verdadeiro bizumer.
  • Con desenvolvementos propios. Aquí depende do equipo técnico e das probas necesarias.

Iso si, os bancos adoitan ser bastante rápidos, así que antes de que te decates estarás recibindo pagos.

Integrar Bizum na web é doado, rápido e unha mellora que os teus clientes agradecerán. Agora que tes todo claro, é o teu momento de brillar como un verdadeiro Bizumer! 🚀