Primeiros pasos
Todo o que necesitas para activar Bizum e comezar a aproveitar os seus beneficios.
Resultados
Non atopamos resultados para a túa busca
Pero podemos axudarche a atopar a información que precisas. Proba con outros termos, emprega palabras máis xerais ou consulta algunhas das buscas máis habituais:
Preguntas frecuentes
- Todo
- Empresas
- Particulares
Como podo incluír o botón de Bizum ou Bizum Pay na web da miña empresa? Cales son as condicións?
O primeiro paso é falar co teu banco e pechar o acordo comercial. Unha vez o teñas, indicaranche como integrar o botón de Bizum ou do novo Bizum Pay na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma.
Cales son os bancos que ofrecen pasarela de pagos con Bizum?
Nesta páxina tes a listaxe de bancos que o ofrecen actualmente. E isto segue medrando: cada vez súmanse máis entidades. Así que, se o teu aínda non está, pode que estea ao caer.
Podo usar Bizum se son autónomo ou autónoma?
Si. Se es autónomo ou autónoma podes cobrar con Bizum a través de solucións específicas para negocios que se adaptan ao que necesites, vendas de forma física ou en liña.
Que fago se non atopo a opción Bizum?
Consulta a información da túa entidade ou contacta con ela para que che indique como activar o servizo.