Saltar al contenido principal

Entidades sociais

Recibe doazóns con Bizum. Dedica máis tempo á túa causa

A túa organización pode recibir doazóns de forma rápida e segura, directamente na conta. Activa un código de cinco cifras e facilita que máis persoas colaboren.

Bizum Impact

A túa causa precisa axuda. Moitas persoas queren axudar. Bizum Impact conéctavos.

Rexistra a túa causa

Como funciona para a túa organización?
Un código para a túa causa

Activa o teu código de doazón

Facilita que as persoas colaboren coa túa organización desde a app do seu banco. As doazóns chegan directamente á vosa conta.

Pasos:

  1. Contacta co teu banco:

    Consulta que bancos ofrecen Bizum para entidades sociais e contacta co teu.

  2. Habilita o teu código:

    Pídelle ao teu banco un código de doazón de cinco cifras para a túa causa. Tes varias causas? Non hai problema, podes pedir tantos códigos como precisedes.

  3. Recibe doazóns:

    Unha vez habilitado o código, dáo a coñecer para comezar a recibir doazóns na vosa conta de xeito inmediato

Consulta os bancos dispoñibles

Tamén na web da túa organización

Se tedes unha pasarela de comercio en liña, tamén podedes integrar Bizum para recibir doazóns puntuais ou recorrentes, ou para cobrar as compras da vosa tenda.

Dous usos destacados:

  1. Doazóns na vosa web:

    Ofrecede Bizum como opción para recibir achegas puntuais ou recorrentes a través da vosa pasarela en liña.

  2. Compras na vosa tenda:

    Incorporade Bizum entre as opcións de pago da vosa tenda en liña.

Máis sobre o pago en liña

Todas as claves de Bizum Impact

Mantente ao día para que non se che escape ningunha doazón