Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Doazóns con Bizum, agora máis fácil

Tiempo de lectura: 2 min
Publicación: 1/1/24
Última actualización: 18/11/26

Descubre como podes facer un Bizum solidario cando queiras e desde onde queiras de forma rápida, sinxela e segura á organización que desexes.

Sentes que podes achegar á sociedade unha parte do teu soldo? Queres axudar a persoas que non teñen o suficiente para vivir achegando o teu pequeno gran de area? Queres que a túa acción solidaria sexa sinxela e rápida? Dámosche a posibilidade de utilizar Bizum para doar, un proceso que non só é fácil, senón tamén seguro.

Cada vez son máis as ONG e asociacións que dan a posibilidade de facilitar diñeiro para os seus proxectos sociais e solidarios. Con esta tecnoloxía a seguridade e a rapidez no proceso están garantidas para que a contía que queiras achegar chegue directamente á organización que desexas. Son máis de 9 000 organizacións as que xa poden recibir unha doazón a través de Bizum, polo que o abano para apoiar diferentes causas é moi amplo.

 

Como doar con Bizum

Antes de decidirte por un proxecto co que colaborar, ou mesmo se xa sabes onde queres destinar o teu diñeiro, o primeiro que tes que ter en conta é como formalizar a doazón mediante Bizum. O proceso é moi sinxelo, polo que só cómpre seguir uns pasos rápidos para que poidas facer a entrega da contía, e todo iso sen que haxa ningunha comisión.

O sistema é moi similar ao que a comunidade bizumer está acostumada para transferir diñeiro a unha amizade. Neste caso, hai que seleccionar a opción “achegar a unha causa solidaria” na app e, nese momento, ofrécense dúas posibilidades:

  1. Seleccionar a ONG dentro da lista que ofrece a aplicación.
  2. Introducir de forma manual o código da ONG que activase para unha campaña en concreto ou en xeral para esta organización. En Bizum Help podes consultar unha listaxe con algúns dos máis destacados.

Unha vez completado este proceso, a ONG recibirá de forma instantánea a cantidade que decidiches doar. Ademais, ofrécese a posibilidade de recibir o certificado de doazón poñéndote en contacto coa propia organización a través do correo electrónico.