- Actualidad
A presentación de Bizum Help
Bizum pon en marcha Bizum.help, unha nova plataforma que pretende dar visibilidade ao labor das organizacións sociais e axudar a financiar os seus proxectos a través de doazóns. Co obxectivo de axudar a axudar, esta plataforma estará aberta a calquera organización de carácter social que queira dar a coñecer e explicar os seus proxectos, así como recadar fondos para eles.
– Con esta iniciativa, Bizum aspira a consolidarse como o vehículo máis eficaz para canalizar o desexo de axuda da sociedade, nun momento no que, máis ca nunca, se precisa axilidade, comodidade e seguridade nos procesos de doazón e recadación de fondos
– Desde o lanzamento a finais de 2017 da funcionalidade para ONG, os bizumers fixeron máis de 703.000 doazóns por valor de 27,9 millóns de euros
Bizum pon en marcha Bizum.help, unha nova plataforma que pretende dar visibilidade ao labor das organizacións sociais e axudar a financiar os seus proxectos a través de doazóns. Co obxectivo de axudar a axudar, esta plataforma estará aberta a calquera organización de carácter social que queira dar a coñecer e explicar os seus proxectos, así como recadar fondos para eles.
A novidade de www.bizum.help é a de vincular causas con doazóns, a través dunha dobre experiencia de usuario. Por unha banda, permítelles ás organizacións que xa dispoñen dun código Bizum a creación de causas cunha área privada de publicación. Por outra, facilítalle a calquera usuario atopar causas afíns para facer a súa doazón, permitindo a busca por categorización temática, por localización xeográfica ou por outros campos de busca. Bizum.help desenvolveuse con tecnoloxía aberta e optimizada, para lograr a súa visualización en todo tipo de dispositivos.
Segundo Ángel Nigorra, director xeral de Bizum, «A popularización de facer un Bizum tamén ten a súa extensión solidaria. A funcionalidade de doar a ONG converteuse nunha das vías preferidas polos bizumers para vehicular a súa solidariedade. Moitas ONG achegáronse ás nosas entidades para poder recadar fondos de xeito máis áxil, flexible e seguro; e agora tócanos dar un paso máis para intentar axudar a axudar, por iso creamos Bizum.help, onde o protagonismo é dos proxectos e das ONG. Nós só somos o altofalante».
As cifras da solidariedade con Bizum
Bizum demostrou ser unha ferramenta moi útil e capaz de apoiar a resposta ao chamamento de axuda urxente en dramas vinculados á actualidade. Por exemplo, durante a erupción do volcán Cumbre Vieja, na Palma, o pasado 19 de setembro, e ata o mes de outubro, os usuarios de Bizum doaron 2,3 millóns de euros para axudar aos damnificados; e, desde o pasado 24 de febreiro, Bizum axudou a recadar xa máis de 2,3 millóns de euros a través de 52.384 doazóns a favor de organizacións que axudan ás vítimas do conflito de Ucraína (desde o 24 de febreiro ata o 13 de marzo deste ano).
Só en 2021, os xa case 20 millóns de bizumers fixeron 368.000 doazóns por valor de 15 millóns de euros. De feito, durante o pasado ano duplicouse o número de ONG que admiten doazóns con Bizum, ata acadar as 5.200.
Con iso, o servizo de achega a causa solidaria de Bizum converteuse nun servizo de pago esencial para moitas entidades sociais do noso país. Desde a súa posta en marcha, en 2018, Bizum serviu de ferramenta para recadar 27,9 millóns de euros, a favor de máis de 6.000 causas diferentes e a través de 703.000 doazóns realizadas.
Acto de presentación en Madrid
O auditorio da Fundación Telefónica foi o escenario da presentación de Bizum.help en Madrid, no que participaron, ademais de Ángel Nigorra, Carlos Palacios, responsable global de Acción Social e Voluntariado de Fundación Telefónica como anfitrión; e representantes de ONG que xa dispoñen de código Bizum, como Tortell Poltrona, fundador de Payasos Sin Fronteras; María Blasco, directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO); ou o Padre Ángel, presidente de Mensajeros de la Paz.
Bizum.help desenvolveuse en colaboración con Help! Ideas Buenas, un colectivo formado por destacados profesionais da comunicación publicitaria do noso país. O director creativo do proxecto, Jorge Martínez, resaltou que «A sociedade española é extraordinariamente solidaria, pero precisa vehículos capaces de canalizar o seu desexo de axuda dunha forma rápida, tecnolóxica e experiencial. Bizum logrou converterse en moi pouco tempo nesa ferramenta. Con Bizum.help, o que pretendemos é dar a coñecer esa capacidade e ampliala, para conectar a aqueles que necesitan axuda con todos aqueles que queren axudar».
Causas como a loita contra o cancro (Fundación Juegaterapia e Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas), a axuda humanitaria (ACNUR e World Central Kitchen), a conservación do planeta (Greenpeace e Ola sin plástico), a protección da infancia (Payasos sin Fronteras), o rescate de migrantes (Open Arms), a protección e defensa dos animais (FAADA), os dereitos dos indíxenas (Survival International) ou a asistencia a persoas necesitadas (Mensajeros de la Paz e Fundación Amigos Grandes) agradeceron o esforzo de Bizum por visibilizar o seu labor e buscar novas fórmulas de axuda.