Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Primeiros pasos
  • Enviar diñeiro
  • Recibir e cobrar

Bizum para menores de idade

Tiempo de lectura: 2 min
Publicación: 3/11/26
Última actualización: 18/11/26

Bizum para menores de idade

Se tes entre 12 e 17 anos, xa podes comezar a recibir e enviar diñeiro e facer compras en liña con Bizum. Infórmate, co teu titor, no teu banco.

Bancos cos que poderás activar Bizum

Selecciona o teu banco para obter a súa app se aínda non a tes e comeza a utilizar Bizum

Enviar e recibir diñeiro máis rápido ca nunca

Só precisas o teu móbil e o número de teléfono.

Poderás recibir ese agasallo dos teus seres queridos e saldar débedas coas túas amizades. Co control e supervisión do teu titor. 100 % seguro.

Paga en miles de comercios en liña

Fai as túas compras en liña de maneira rápida e segura.

Só tes que elixir a opción «Pagar con Bizum», indicar o teu número de teléfono, abrir a notificación da app bancaria e validar a operación. Así de fácil e de seguro!

Máis información

Paga con Bizum de forma presencial

A merenda co grupo, a piscina no verán… Non necesitarás máis ca Bizum.

Máis información

Que bancos admiten a pasarela de pago Bizum?

Tal e como comentabamos ao principio deste post, non todos os bancos Bizum ofrecen este servizo. Polo tanto, é importante que consultes os bancos cos que podes usar a opción de Bizum para empresas.

Esta é a ligazón para confirmar se o teu banco dispón deste servizo.

Esperamos que esta información che resultase útil e que axiña formes parte da comunidade de empresas que permiten pagar con Bizum en tendas en liña. Agora xa estás preparado para sumarte á comunidade Bizum!