Saltar al contenido principal

Compra en liña con Bizum

Paga as túas compras en liña de xeito doado, rápido e seguro. Só precisas o teu número de teléfono e a app do teu banco.

O servizo Bizum é un proxecto conxunto da banca española que se enmarca entre as iniciativas de innovación dixital para atender as novas necesidades dos seus clientes.

Como funciona para ti?

Compra en liña

Elixe «Pagar con Bizum» na túa tenda en liña favorita.

Sen facilitar datos de máis. Só co teu número de teléfono e toda a seguridade do teu banco e a confianza de Bizum

  1. Selecciona «Pagar con Bizum» e introduce o teu número de teléfono, co que tes asociado Bizum

  2. Abre a notificación do teu banco, comproba os datos e acepta o pago. Tes 4 minutos para aceptar a operación; pasado ese tempo cancelarase o pago. Sempre comproba que toda a información sexa correcta antes de aceptar o pago.

  3. Volve á web ou app do comercio para finalizar a compra.

Pagos recorrentes ou subscricións

Xa podes elixir Bizum para os teus pagos habituais

Selecciona a opción de Bizum e vincula o teu número de teléfono para realizar os pagos directamente desde a conta bancaria

  1. Como nas compras puntuais, selecciona Bizum e introduce o teu número de teléfono

  2. Abre a notificación do teu banco, comproba os datos e acepta a vinculación de Bizum para realizar os pagos automaticamente a partir dese momento

  3. Consulta e xestiona desde a app do teu banco os comercios aos que deches permiso.

    Recibirás unha notificación cada vez que se realice o pago e poderás comprobar os movementos dentro da túa conta

Compra con tranquilidade

Contas cos mesmos dereitos de devolución e reclamación e sen achegar datos de máis

Cando compras con Bizum, só introduces o teu número de teléfono (esquécete de números longuísimos) e revisas e validas a compra no lugar máis seguro: dentro da app do teu banco.

Ademais, se decides devolver o produto, unha vez que o comercio confirme que se realizou correctamente, os cartos chegan inmediatamente á túa conta bancaria. Esquécete de agardar días para recibir os teus cartos!

Por suposto, se tes algún problema co comercio ou co produto ou servizo, contas con toda a protección do teu banco para realizar a reclamación.

O que necesitas saber. Sen rodeos

Resolvemos as dúbidas máis habituais sobre as compras en liña con Bizum.

Ver todas as preguntas frecuentes
Pagar con Bizum Particulares

Que necesito para pagar online con Bizum?

Ter Bizum activado, utilizar o número de teléfono asociado ao servizo e ter acceso á app do teu banco.

Pagar con Bizum Particulares

¿Como confirmo unha compra?

Recibirás unha notificación na app do teu banco. Revisa o importe e os datos antes de aceptar o pago.

Pagar con Bizum Particulares

Podo usar Bizum para pagos recorrentes?

Si. Podes vincular Bizum con comercios para subscricións e pagos habituais, e xestionar os permisos desde a app do teu banco.

Compra en liña con Bizum Pay

Máis métodos de pago nun só botón. Bizum Pay é a única app que permite pagar en comercios directamente desde a túa conta bancaria ou cunha tarxeta. Para as compras en liña, seguirás utilizando o teu número de teléfono, coa comodidade e seguridade de non ter que introducir datos de máis

Descarga Bizum Pay

Comprar en liña con Bizum é así de doado

Paso 1:

Elixe Bizum

Selecciona «Pagar con Bizum» entre os métodos de pago.

Paso 2:

Introduce o teu número

Usa o teléfono que tes asociado a Bizum.

Paso 3:

Valida o pago

Revisa a notificación na app do teu banco e acepta.

Paso 4:

Finaliza a compra

Volve ao comercio para confirmar que o proceso se completou.