- Actualidad
Bancos compatibles con Bizum
Se te preguntas cales son os bancos compatibles con Bizum debes saber que Bizum é un proxecto de dixitalización e colaborativo impulsado pola banca española. Por iso hoxe en día son máis de 30 as entidades que ofrecen este servizo que se creou co obxectivo de ofrecer un servizo de pagos transversal que respondese a catro vantaxes diferenciais:
- 1. Que sexa universal: é dicir, que estea dispoñible en calquera smartphone e sen ter que cambiar de banco.
- 2. Que sexa cómodo: permitindo transferencias inmediatas con só saber o número móbil da outra persoa.
- 3. Que sexa rápido: enviando os cartos en menos de 5 segundos.
- 4. E, sobre todo, que sexa seguro: contando con todo o respaldo da banca española grazas a todas as medidas de seguridade das propias entidades.
E baixo estas premisas practicamente a totalidade das entidades bancarias que operan en España uníronse para ofrecer aos seus clientes un método de pago entre particulares, comercios online e doazóns a ONG que é todo un éxito.
Sabías que actualmente os bancos compatibles con Bizum representan unha cota de mercado de arredor do 99%? Así é. Polo que hoxe en día o raro é atopar a alguén que non poida usar Bizum.
A continuación, facilitámosche unha lista cos bancos compatibles con Bizum que quixeron ofrecer un sistema de pagos fácil, rápido e sinxelo:
- – CaixaBank
- – Santander
- – BBVA
- – Sabadell
- – Unicaja Banco
- – Kutxabank
- – Caja Rural
- – IberCaja
- – Grupo Cooperativo Cajamar
- – Abanca
- – Bankinter
- – Laboral Kutxa
- – EVO
- – Banca March
- – Eurocaja Rural
- – Caja de Ingenieros
- – Banca Pueyo
- – Banco Mediolanum
- – Caja Almendralejo
- – Arquia Banca
- – Banco Caminos
- – Caixa Guissona
- – Caixa Ontinyent
- – Cajasur
- – Deutsche Bank
- – Imagin
- – ING
- – Openbank
- – Orange bank
- – Targo Bank
- – Bizum destaca pola súa sinxeleza. Só tes que utilizar o móbil e nunca precisarás saber a conta do destinatario.
- – Pola súa comodidade. Fácil de usar, rápido e áxil, sen prepagos nin recargas.
- – Pola súa seguridade. Ao ser un servizo impulsado por toda a banca española, está respaldado polos sistemas de seguridade dos grandes bancos.
- – E sexa cal sexa o teu banco. Todos os que aparecen na listaxe de bancos compatibles con Bizum poden facer Bizums entre si. Porque se a túa entidade ofrece Bizum está interconectada con todos. Así que non é necesario que cambies de banco nin abras unha conta nova porque é un servizo interconectado con todas as entidades bancarias que participan nel.
- – Sen Bizum non hai paraíso. Basicamente porque practicamente todos teñen Bizum. De feito, este ano alcanzamos os 21 millóns de usuarios. Isto é a metade da poboación adulta española.
- – Apto para calquera idade. Os nosos informes reflicten que máis do 70% dos clientes bancarios dixitais contan con Bizum e que, ademais, hai usuarios de Bizum de todas as idades.
Por se isto (aínda) non te convenceu ímoste dar un dato máis: este ano alcanzamos os 1.000 millóns de operacións. Así que non cho dicimos nós, dincho os bizumers: BIZUM É MARAVILLOSO.