Saltar al contenido principal

Preguntas frecuentes

Todo o que necesitas saber sobre as solucións de Bizum para empresas. Atopa respostas ás dúbidas máis habituais sobre como funciona, como integralo e todo o que pode achegar ao teu negocio.

Preguntas frecuentes

Pagar con Bizum

Como podo pagar con Bizum as miñas promocións, premios e descontos?

Pagar con Bizum este tipo de accións é doado e directo. Non necesitas saber o IBAN das persoas afortunadas: co seu número de teléfono abonda.

Doazóns

¿Como podo activar o servizo de doazóns con Bizum?

É moi sinxelo. Só tes que comunicar ao teu banco —que debe estar adherido a Bizum— que queres ofrecer Bizum como opción para recibir doazóns.

Pago con Bizum

Como podo incluír o botón de Bizum ou Bizum Pay na web da miña empresa? Cales son as condicións?

O primeiro paso é falar co teu banco e pechar o acordo comercial. Unha vez o teñas, indicaranche como integrar o botón de Bizum ou do novo Bizum Pay na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma.

Primeiros pasos

Cales son os bancos que ofrecen pasarela de pagos con Bizum?

Nesta páxina tes a listaxe de bancos que o ofrecen actualmente. E isto segue medrando: cada vez súmanse máis entidades. Así que, se o teu aínda non está, pode que estea ao caer.