Saltar al contenido principal

Primeiros pasos

Todo o que necesitas para activar Bizum e comezar a aproveitar os seus beneficios.

Resultados

Preguntas frecuentes

Empresas

Como podo incluír o botón de Bizum ou Bizum Pay na web da miña empresa? Cales son as condicións?

O primeiro paso é falar co teu banco e pechar o acordo comercial. Unha vez o teñas, indicaranche como integrar o botón de Bizum ou do novo Bizum Pay na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma.

Empresas

Cales son os bancos que ofrecen pasarela de pagos con Bizum?

Nesta páxina tes a listaxe de bancos que o ofrecen actualmente. E isto segue medrando: cada vez súmanse máis entidades. Así que, se o teu aínda non está, pode que estea ao caer.

Empresas

Podo usar Bizum se son autónomo ou autónoma?

Si. Se es autónomo ou autónoma podes cobrar con Bizum a través de solucións específicas para negocios que se adaptan ao que necesites, vendas de forma física ou en liña.

Particulares

Que fago se non atopo a opción Bizum?

Consulta a información da túa entidade ou contacta con ela para que che indique como activar o servizo.