¿Coñeces os bancos con Bizum?
Bizum é unha iniciativa da banca española e a gran maioría de bancos do país xa ofrece as nosas solucións.
Busca a túa entidade e descubre como activar Bizum desde a app do teu banco.
Resultados
Como usar Bizum na app do teu banco?
Activa Bizum desde a app da túa entidade en tres sinxelos pasos.
Paso 1:
Selecciona o teu banco
Consulta a listaxe de bancos que traballan con Bizum e atopa o teu.
Paso 2:
Descarga a súa app
Se aínda non a tes, podes acceder á descarga desde a web do teu banco ou desde a tenda de aplicacións do teu móbil.
Paso 3:
Entra na app e actívao
Busca a sección de Bizum e activa o servizo co número de teléfono asociado á túa conta.
O que necesitas saber. Sen rodeos
Resolvemos as dúbidas máis habituais sobre os bancos que ofrecen Bizum e a activación do servizo.
Que bancos teñen Bizum?
A gran maioría dos bancos españois ofrece Bizum. Podes comprobar se o teu está dispoñible no buscador e no listado de entidades desta páxina.
Como activo Bizum no meu banco?
Entra na app do teu banco, busca a opción de enviar e recibir diñeiro con Bizum e segue as indicacións para asociar o servizo ao teu número de teléfono.
Necesito descargar a app de Bizum?
Non. Bizum está integrado na app de cada entidade bancaria.
Que fago se non atopo a opción Bizum?
Consulta a información da túa entidade ou contacta con ela para que che indique como activar o servizo.
Novidades,
porque isto non para
Actualidade, consellos e novidades para sacar todo o partido a Bizum desde la app do teu banco.
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ler máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ler máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ler máis