Descobre as doazóns
Comeza a recibir doazóns para a túa causa directamente na conta bancaria, de forma inmediata
Sobre Bizum Particulares
Como funciona
Sobre Bizum empresas
Como funciona
Sobre Bizum Impact
Como funciona
Centro de axuda
Axudas por tema
Outros
Recibe doazóns con Bizum. Dedica máis tempo á túa causa
A túa organización pode recibir doazóns de forma rápida e segura, directamente na conta. Activa un código de cinco cifras e facilita que máis persoas colaboren.
Descobre as doazóns
Comeza a recibir doazóns para a túa causa directamente na conta bancaria, de forma inmediata
Activa un código
Consulta que entidades bancarias ofrecen Bizum para recibir doazóns na túa organización.
Dá a coñecer a túa causa
Bizum Impact conecta a túa causa con persoas que queren axudar.
A túa causa precisa axuda. Moitas persoas queren axudar. Bizum Impact conéctavos.
Activa o teu código de doazón
Facilita que as persoas colaboren coa túa organización desde a app do seu banco. As doazóns chegan directamente á vosa conta.
Pasos:
Contacta co teu banco:
Consulta que bancos ofrecen Bizum para entidades sociais e contacta co teu.
Habilita o teu código:
Pídelle ao teu banco un código de doazón de cinco cifras para a túa causa. Tes varias causas? Non hai problema, podes pedir tantos códigos como precisedes.
Recibe doazóns:
Unha vez habilitado o código, dáo a coñecer para comezar a recibir doazóns na vosa conta de xeito inmediato
Tamén na web da túa organización
Se tedes unha pasarela de comercio en liña, tamén podedes integrar Bizum para recibir doazóns puntuais ou recorrentes, ou para cobrar as compras da vosa tenda.
Dous usos destacados:
Doazóns na vosa web:
Ofrecede Bizum como opción para recibir achegas puntuais ou recorrentes a través da vosa pasarela en liña.
Compras na vosa tenda:
Incorporade Bizum entre as opcións de pago da vosa tenda en liña.
Todas as claves de Bizum Impact
Mantente ao día para que non se che escape ningunha doazón