Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Cales son os límites de Bizum?

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 8/4/24
Última actualización: 18/11/26

A todos nos encanta recibir bizums. Ler no móbil a notificación que di “recibiches un Bizum de…” alégrache o día. Pero a nós fáinos aínda máis felices saber que estás protexido. Por iso, para garantir aínda máis a túa seguridade, en Bizum establecemos algúns pequenos límites que debes coñecer.

É importante que saibas que, dentro destes límites, a túa entidade pode establecer os seus propios co mesmo fin ca nós.

Aquí contámosche todos os detalles sobre cales son os límites de Bizum que existen.

Cales son os límites de Bizum por cantidade?

Sabemos que es un gran Bizumer: es o máis rápido en enviar cartos aos teus amigos e mesmo te animas a pagar as ceas porque sabes que che pasarán o que che deben en cuestión de segundos. Pero, sabías que hai unha limitación na cantidade de “cartiños” que podes enviar ou recibir por Bizum?

Explicámosche cales son os límites de Bizum por cantidade de diñeiro:

    • – O importe mínimo para enviar ou recibir un Bizum é de: 0,5 €
    • – O importe máximo para enviar ou recibir un Bizum nunha única operación: 1.000 €
    • – O importe total máximo que se pode enviar ao día é de: 2.000 €
    • – O importe total máximo que se pode enviar ao mes: 5.000 €

Cales son os límites de Bizum por número de operacións?

En canto a cales son os límites de Bizum por número de operacións, explicámosche que, respectando os límites de cantidade, podes facer o seguinte:

    • – Número de operacións totais recibidas ao mes: 60
    • – Número máximo de destinatarios para envío ou solicitude múltiple: 30 destinatarios

Cales son os límites de Bizum ao mercar en liña?

Pero os límites anteriores son só para pagos entre persoas. No comercio electrónico Bizum non pon límites, aínda que si as entidades. Para saber cales son os límites de Bizum nas compras en liña, deberás consultalo co teu banco, xa que o importe máximo de diñeiro está asociado ao que teñas establecido co teu banco, como ocorre con outros métodos de pago.

Pero, Bizumer, aquí vai un súper conselliño: se necesitas mercar algo por Bizum que supera o límite de diñeiro establecido, cámbiao puntualmente desde a app do teu banco. Normalmente, é inmediato.

Cales son os límites de Bizum para as doazóns?

Non sabes cales son os límites de Bizum para as doazóns? Nós tampouco, porque non existen. Se a solidariedade non ten límites, as doazóns con Bizum tampouco. Dá renda solta á túa xenerosidade e apoia todas aquelas causas benéficas que máis te emocionen cando queiras e onde queiras a través de Bizum.

Aínda que a cantidade de diñeiro que se envía por operación non cambia, o número si:

    • – Importe máximo por operación: 1.000 €
    • – Número de doazóns por Bizum: ilimitado

Coñece cales son os límites de Bizum nas Administracións de Loterías e Apostas do Estado

Bizumer, dásche conta deses pequenos momentos que che regala a vida nos que te sentes moi afortunado? Aparcar o coche á primeira, atopar cartos pola rúa, evitar o tráfico, recibir un Bizum sorpresa… Tes a sensación de que nada pode saír mal e decides probar sorte mercando un décimo de Lotería. Síntete aínda máis afortunado sabendo que podes pagar con Bizum sen límites!

E se continúas coa túa boa racha e gañas un premio… parabéns! Tamén podes cobralo con Bizum ata un importe máximo de 2.000 €.

Agora que xa sabes cales son os límites de Bizum para cobrar diñeiro, corre a gozar das túas ganancias, que para iso non hai límites.