- Actualidad
Que é Bizum? Moito máis que unha plataforma para enviar e recibir cartos
Aínda non sabes que é Bizum? Tampouco sabes que é stalkear ou random? Aterra, estamos no século XIX!
Para os que aínda se preguntan que é Bizum deben saber que Bizum é moito máis ca un sistema de pagamentos inmediatos impulsado pola banca española. É un método de pago en liña e presencial, un sistema para facer doazóns e mesmo un método de identificación dixital!
Descobre todo o que é Bizum neste artigo.
Que é Bizum e como se usa?
Cada vez é máis complicado definir que é Bizum. Pero poderíase definir Bizum como un facilitador, medio de pago que podes utilizar de múltiples formas tendo como base que, independentemente do uso, será sinxelo, rápido e seguro.
Seguramente coñezas Bizum por mor da famosa frase de “fágoche un bizum”. Pero como temos moitas funcionalidades para facilitarche (aínda máis) a vida, fixemos un resumo de todas as definicións de que é Bizum.
-
- Que é Bizum? É unha plataforma para enviar e recibir diñeiro entre particulares. Para saber como saldar as túas débedas facilmente fai clic aquí.
- Que é Bizum? É un método de pago seguro e sinxelo dispoñible en miles de comercios en liña. Contámoscho aquí.
- Que é Bizum? É un sistema de doazón que che permite apoiar múltiples causas e ONG con tan só un clic. Descobre como doar con Bizum aquí.
- Que é Bizum? É un sistema sinxelo para realizar o pago de tributos e recibos bancarios. Contámoscho aquí.
- Que é Bizum? É un método para axilizar os teus cobramentos e pagamentos en Loterías y Apuestas del Estado. Descobre esta utilidade aquí.
- Que é Bizum? É un sistema de pago de empresas a persoas como premios ou descontos. Toda a información sobre este innovador modelo aquí.
- Que é Bizum? É un identificador dixital que facilita o rexistro e inicio de sesión, simplificando o acceso a servizos na Web e a compra en liña. Contámosche todo nesta ligazón.
Aínda non es bizumer? Comproba que a túa entidade bancaria dispón do servizo Bizum na súa app e únete a esta gran familia.
Que é Bizum? É seguro?
Todos os que coñecedes que é Bizum sodes conscientes do importante que é para nós a seguridade. Por iso debes saber que, como Bizum está dentro da túa aplicación bancaria, calquera operación realizada con Bizum conta con todas as medidas de seguridade do teu banco.
Por iso, Bizumer, debes estar tranquilo: todas as túas operacións están a salvo:
-
- Bizum está na túa contorna bancaria. Ofrecemos as mesmas garantías e medidas de seguridade que ten a túa entidade.
- Cumprimos a normativa de seguridade da Unión Europea e a lexislación española. Ademais, sempre estamos ao tanto das últimas innovacións ou actualizacións que melloren a seguridade.
- Mantemos a comunidade de bizumers informada. Recomendámosche seguir os nosos consellos de seguridade e estar sempre alerta.
Se aínda tes dúbidas, facendo clic aquí ofrecémosche máis información sobre a seguridade de Bizum.
As vantaxes que definen mellor que é Bizum
Se che preguntamos por unha opción para enviar diñeiro de forma rápida, segura e sinxela, que nos dirías? A primeira opción que che vén á cabeza é Bizum. Por que? Porque estes tres adxectivos forman parte da definición de que é Bizum.
En Bizum convertemos os nosos principais atributos en vantaxes para transformarnos na opción máis atractiva á hora de realizar pagamentos e transferencias inmediatas:
-
- Rapidez: cantas cousas tardas en facer en menos de 5 segundos? Poucas, verdade? Enviar e recibir diñeiro con Bizum é unha delas.
- Seguridade: Bizum está avalado por practicamente todas as entidades bancarias que operan en España.
- Sinxeleza: con saber o teu número de móbil xa poderás operar con Bizum. Máis fácil imposible!
Agora que xa sabes todo o que che pode ofrecer Bizum, únete (se aínda non o fixeches) aos 26 millóns de usuarios que utilizan Bizum ou, o que é o mesmo, a todos os bizumers que xa gozan dunha vida moito máis cómoda.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis