- Actualidad
Que se pode pagar con Bizum?
Se te preguntas que se pode pagar con Bizum é porque este é o teu método de pago favorito. E non podemos xulgarte por iso. É fácil, rápido, seguro e ademais está dispoñible en miiiiiiiles de lugares.
Para que non te perdas entre todas as opcións nas que se pode pagar con Bizum preparamos esta guía con todo detalle. Pero, en resumo: podes enviar diñeiro de forma instantánea a máis da metade de España, pagar as túas compras online en miles de comercios online, e as túas apostas e premios de Loterías tamén! E se o teu é apoiar aos que máis o necesitan, con Bizum podes colaborar con multitude de ONG con só un par de clics. Así de sinxelo.
Que se pode pagar con Bizum? Pagos entre particulares
Seguramente escoitases mil veces “fágoche un bizum”. E é que dende 2016 compartir gastos ou saldar débedas é máis fácil que nunca, xa que se pode pagar con Bizum practicamente calquera débeda que teñas con amigos e familiares.
Con só uns clics e sabendo o número de teléfono do destinatario, de maneira instantánea os teus amigos, familiares ou compañeiros sairán da lista de morosos grazas a Bizum.
Para realizar un pago entre particulares só tes que seguir estes pasos:
-
- 1. Busca a opción de “Enviar un Bizum” na túa app bancaria.
- 2. Escolle o seu número de teléfono da axenda, introduce a cantidade de diñeiro e o concepto asociado (se queres).
- 3. Confirma a operación e listo!
En comercios que se pode pagar con Bizum
Comprar online xa é un hábito: viaxes, roupa, xoguetes, mobles, comida… Xa sabías que se pode pagar con Bizum en comercios online?
Para realizar un pago online con Bizum é tan sinxelo como seguir estes pasos:
-
- 1. Selecciona a opción “pagar con Bizum” no momento de confirmar o teu pedido.
- 2. Introduce o teu número de teléfono.
- 3. Valida a compra na app do teu banco ou introducindo a túa clave Bizum. O pago farase de forma rápida e segura.
Son centenares os comercios online nos que se pode pagar con Bizum, fai clic aquí para coñecelos todos.
En canto ao pago con Bizum en comercios físicos, é un proxecto que está en proceso e moi pronto será o sistema máis utilizado. E se non…dános tempo.
Recibos, impostos e comercio presencial. Descubre que se pode pagar con Bizum
Ademais de comprar con Bizum tamén podes pagar recibos e impostos de forma moi sinxela. É como se fixeses unha compra online. Se queres saber máis de como pagar os teus recibos e impostos con Bizum fai clic aquí.
Que se pode pagar con Bizum? Tamén as túas doazóns a ONG!
Bizumer! Saca o teu lado máis solidario colaborando cunha organización ou entidade sen ánimo de lucro. Unha doazón que se pode pagar con Bizum é a forma máis cómoda e segura de axudar a unha causa. Só tes que escoller as causas que máis che importan. O 100% do teu diñeiro chegará íntegro á organización, sen comisións nin tarifas.
A forma de facer unha doazón a unha ONG é moi rápida:
-
- 1. Busca a opción de enviar diñeiro a unha causa solidaria na app do teu banco.
- 2. Selecciona a organización á que queiras facer unha doazón ou introduce o código de envío que atoparás no listado de causas.
- 3. Selecciona a cantidade de diñeiro coa que queres contribuír e pulsa enviar.
Se aínda non decidiches a que ONG doar, podes descubrir miles de causas e proxectos aos que podes axudar facendo clic aquí.
As apostas e premios de Loterías xa se poden pagar con Bizum
As Administracións de Loterías e Apostas do Estado é outro punto no que se pode pagar con Bizum. Pero non só iso, se gañaches diñeiro tamén podes cobrar o premio e gozar do teu diñeiro ao instante na conta bancaria.
Pagar e cobrar apostas e premios de Lotería é moi sinxelo:
-
- 1. Xera un código QR Bizum na app do teu banco.
- 2. Amosa o teu código QR Bizum ao teu loteiro para que o escanee.
- 3. Confirma a operación. Ademais, se vas recibir un premio, non é necesaria a validación.
Atención empresas! Que se pode pagar con Bizum de profesionais a usuarios
Entre as diferentes opcións que ten Bizum para empresas atopamos esta que pode ser moi útil: o pago de empresas a usuarios a través de Bizum mediante, por exemplo, premios en efectivo. Se queres saber máis cóntámoscho todo aquí.
Agora que xa sabes todo o que se pode pagar con Bizum…a que esperas para utilizalo.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis