Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Como funciona Bizum?

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 15/3/23
Última actualización: 18/11/26

Bizum é un sistema de pago instantáneo que permite enviar e recibir cartos a través do móbil. É un servizo gratuíto que está dispoñible na maioría dos bancos e entidades financeiras españolas.

Aínda non sabes como funciona Bizum? Non te preocupes porque é moi sinxelo. Segue lendo este post para descubrir a forma máis fácil, rápida e segura de facer pagos utilizando o teu teléfono móbil.

Como funciona Bizum para enviar cartos entre particulares?

Sempre que leves o móbil contigo, terás cartos grazas a Bizum. Non tes que buscar un caixeiro nin saber o número de conta, tan só debes coñecer o número de teléfono da persoa á que lle queres enviar cartos.

Estás desexando empezar a facer bizums? Os pasos son moi simples:

    • 1. Abre Bizum na app do teu banco.
    • 2. Busca a opción “enviar e recibir cartos con Bizum”.
    • 3. Selecciona o número de teléfono da túa axenda.
    • 4. Confirma que o nome de usuario e as iniciais coinciden co destinatario.
    • 5. Indica a cantidade de cartos e o concepto (é opcional).

Se queres converterte nun experto bizumer, na seguinte ligazón poderás saber aínda máis sobre como funciona Bizum para enviar cartos entre particulares.

En cambio, se o que quero é solicitar cartos, como funciona Bizum?

Tes un amigo ao que lle tes que lembrar unha e outra vez que che debe cartos? Bizumer, estás de sorte! Podes pedir cartos con Bizum dunha forma mooooi sinxela.

En tan só tres pasos saberás como funciona Bizum para solicitar cartos:

    • Abre Bizum na aplicación do teu banco.
    • Na túa zona Bizum, elixe a opción “solicitar Bizum”.
    • Introduce a cantidade de cartos que queres reclamar e dalle a enviar!

Nese momento o debedor recibirá un aviso de que ten un pago pendente. Polo tanto, para completar a transacción deberá confirmar o envío do bizum desde a súa app bancaria.

*Sabemos que é moi fácil, pero se aínda tes algunha dúbida deixámoste a guía completa sobre como funciona Bizum para solicitar cartos.

Como funciona Bizum para pagos en liña?

Bizumer, imaxina que estás a mercar os billetes de avión para irte de vacacións. Despois de seleccionar o destino, accedes á plataforma de pago. En lugar de escoller opcións de pago onde tes que encher moita información, podes utilizar Bizum para facer o pago de forma sinxela e segura!

Se queres pagar rapidamente co teu móbil, contámoste como funciona Bizum para pagos en liña:

    • Selecciona Bizum como método de pago.
    • Introduce o teu número de teléfono.
    • Valida a compra rapidamente desde a aplicación do teu banco.

Son miles os comercios que teñen activado o método de pago por Bizum, comproba se o teu comercio electrónico favorito é un deles nesta lista. E se o que queres é aprender máis sobre como funciona Bizum nas túas compras en liña, na seguinte ligazón dámoste máis detalles.

Quero pagar e mercar lotaría, como funciona Bizum?

Xa estás nas túas ansiadas vacacións e queres mercar un décimo de Lotaría de Nadal para a túa familia, pero non levas cartos en efectivo enriba. Non te preocupes, Bizum soluciónache a papeleta!

Queres descubrir como funciona Bizum para o pago de Lotaría? Segue lendo!:

  • Accede a Bizum na app do teu banco e xera un código QR.
  • Ensina o teu código QR á persoa encargada, que o escaneará.
  • Valida o pago para confirmar a operación.

Se o teu décimo foi premiado, tamén podes cobralo, Bizumer! Para coñecer máis polo miúdo como funciona Bizum para pagar e cobrar lotaría fai clic aquí.

Como funciona Bizum para realizar unha doazón?

Liches en internet sobre unha campaña solidaria dunha organización ou entidade sen ánimo de lucro que che interesa, pero non sabes como podes contribuír coa organización. Grazas a Bizum podes realizar unha doazón directa á conta da ONG.

Xa elixiches unha organización benéfica? Só che falta saber como funciona Bizum para poder enviar os teus cartos:

    • Abre a app do teu banco e busca a opción “Doazón” con Bizum.
    • Introduce o código de doazón da organización coa que queres colaborar.
    • Establece a cantidade de cartos e pulsa en enviar.

Se aínda non sabes a que causa axudar, recomendámosche botarlle un ollo a Bizum.Help unha plataforma onde as organizacións che explican as súas causas. Tamén che deixamos a lista de ONG ás que podes doar con Bizum e unha explicación máis detallada sobre como funciona Bizum para doar a unha organización.