Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Pago con Bizum presencialmente en tendas físicas

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 10/11/21
Última actualización: 18/11/26

Bizum chegou ás nosas vidas e revolucionou a maneira de pagar, de doar a ONG, de compartir gastos con amigos, de facer compras en liña… Esta transformación fai a vida moito máis easy aos seus case 20 millóns de usuarios. De feito, xa non nos imaxinamos a vida sen Bizum. Pero que me dis dos pagos presenciais? Hai un ano Bizum estreaba os pagos presenciais nas administracións da SELAE. Pero é que, ademais de pagar os décimos, cada vez son máis as plataformas que permiten o pago en persoa con Bizum. Non paramos de innovar para que, en breve, esas experiencias de pago presenciais se estendan. Estás preparado para unha segunda revolución? Mira todo o que está por chegar…

Administracións de lotaría, as primeiras no pago presencial con Bizum

En decembro de 2020 compartiamos con alegría a estrea de Bizum nos pagos presenciais nas administracións de lotarías. Unha maneira de pagar en persoa baseada nun código QR.

Tan sinxelo como xerar o QR Bizum desde a app do banco e deixar que o escaneen na administración. Este servizo xa se ofrece en todos estes bancos: Caixa/Bankia, Santander, BBVA, Banco Sabadell, Kutxabank, Abanca, Unicaja, Ibercaja, Grupo cooperativo Cajamar, Bankinter e Cajasur. Se non está o teu, atento, porque en pouco tempo serán máis as entidades bancarias que o implementen.

Bizum quere ampliar as experiencias de pago a máis comercios físicos

Bizum amplía as experiencias de pago presencial

Pero a SELAE (Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado) non é a única en darche a opción de pagar en persoa con Bizum. Xa falamos dalgunhas plataformas que tamén o aceptan, cuxa forma de pagar é similar á compra en liña. Así funciona:

– Móstrase un QR para escanear e efectuar a operación.

– Ou ben envíanche unha url ou enderezo web ao móbil a través dalgún sistema de mensaxería para que completes o pago con Bizum.

Por outra banda, plataformas como PeoplEat e Gopick tamén permiten o pago presencial. Gopick preséntache unha nova forma de consumir en grandes eventos. E para pagar abonda con seleccionar Bizum ao rematar o pedido, como nas túas compras en liña. Non é xenial?

Pola súa parte, PeoplEat é unha solución segura de xestión de pedidos para establecementos e usuarios, aforrando esperas aos clientes e optimizando os tempos dos negocios hostaleiros. E o pago? En persoa e só co teu móbil. Non é maxia, é Bizum.

O pago presencial con Bizum xa se permite en administracións de lotaría e plataformas de xestión de pedidos

En Bizum somos fans dos retos

Innovación e colaboración. Eses foron os eixes que guiaron o lanzamento de Bizum hai cinco anos. E en 2021 seguimos batendo récords e enfrontándonos a máis retos. Un deles é estender a experiencia de pago presencial a máis comercios.

Despois do balance toca apostar por novos desafíos: en Bizum queremos ofrecerche un método de pago integral e que ademais sexa o teu favorito. Por que?

-Pola súa seguridade

-Sinxeleza

-Rapidez

-E porque poderás pagar todo con Bizum e en calquera sitio.

Imaxínascho? Unha tarefa primordial dese desafío é seguir aumentando as experiencias de pago presenciais con Bizum. Así que, bizumer, non nos perdas a pista porque en Bizum non paramos. Xa sabes o que nos gusta facérchela vida máis sinxela e ir cumprindo retos. Grazas ás túas recomendacións e á túa confianza estamos onde estamos.

Prepárate para empezar a escoitar a frase “Fágoche un Bizum” nos comercios físicos. En Bizum encántanos revolucionar a túa vida e facela máis doada!