- Actualidad
Doar paso a paso
Bizumer, temos moitas cousas en común e unha delas é querer axudar aos demais. Se queres contribuír a unha causa benéfica, pero non sabes moi ben como facelo, fai as túas doazóns a través de Bizum dun xeito sinxelo, rápido e seguro.
Facendo as túas doazóns a través de Bizum só tes que preocuparte por escoller a causa coa que queres colaborar. O 100% do teu diñeiro chegará íntegro á organización que elixas, sen comisións nin tarifas, con todas as garantías de seguridade e transparencia que ofrece Bizum.
E se aínda non sabes a que causa axudar, tamén cho facilitamos: entra na páxina web Bizum.Help para descubrir centos de proxectos cos que podes contribuír facendo as túas doazóns a través de Bizum.
Como facer doazóns a través de Bizum?
Podes facer doazóns a través de Bizum a milleiros de ONG, asociacións e organizacións sociais que teñen un fin común: axudar á sociedade e ao planeta. Bizumer, só tes que escoller unha organización da lista completa e achegar o teu gran de area.
Os pasos para facer doazóns a través de Bizum son moi sinxelos:
-
- 1. Busca a opción Bizum na app do teu banco.
- 2. Selecciona a opción de envío de diñeiro a unha ONG.
- 3. Escolle a organización á que queiras facer unha doazón ou introduce o seu código Bizum.
- 4. Introduce a cantidade de diñeiro coa que queiras contribuír.
- 5. Preme enviar.
Coñece os dous tipos de códigos nas doazóns a través de Bizum
Cada ONG ten asignado un código Bizum de 5 números que están asociados á súa conta. Sería o equivalente ao teu número de teléfono. Polo tanto, empregando este código estarás facendo doazóns a través de Bizum de xeito xeral á organización, e logo elas destinarán esa cantidade segundo a necesidade.
Ademais, para proxectos ou causas concretas as ONG teñen a posibilidade de activar códigos específicos, de tal xeito que así podes achegar á causa concreta que máis che importe.
Os pasos son os mesmos que usando o código xeral de doazóns a través de Bizum:
-
- 1. Accede a Bizum na app do teu banco.
- 2. Selecciona a ONG da lista.
- 3. Teclea o código da campaña que estea activa.
- 4. Introduce a cantidade de diñeiro que queiras doar.
- 5. Confirma o pago.
Facer doazóns a través de Bizum é a forma máis segura e rápida de doar a quen ti queiras. Pero é máis sinxelo aínda se só tes que introducir un código de envío. Non dubides en entrar en Bizum.Help v para coñecer todas as causas e proxectos en activo.
Solicitar o certificado de doazóns a través de Bizum
Bizumer, xa sabes o moito que nos preocupamos por ti. Se realizaches unha doazón a unha causa social, podes solicitar o certificado de doazóns a través de Bizum, especialmente de cara á declaración da renda.
Para solicitar o certificado de doazóns a través de Bizum tes que enviar un correo electrónico á ONG receptora cos seguintes datos:
-
- 1. Nome e apelidos
- 2. Número de DNI
- 3. Enderezo postal
- 4. Correo electrónico
- 5. Importe doado
É importante que enchas todos os datos para que a ONG identifique a túa doazón. Na nosa listaxe de ONG facilitámosche o enderezo de correo electrónico para que poidas solicitar o certificado de xeito tan rápido como realizar as doazóns a través de Bizum.
Se son unha ONG, como podo recibir doazóns a través de Bizum?
Únete aos centos de organizacións que reciben doazóns a través de Bizum. É a forma máis rápida e segura de recibir doazóns e axudar ao que de verdade importa.
Aínda non sabes como ofrecer doazóns a través de Bizum na túa ONG? Segue estes sinxelos pasos:
-
- 1. Informa a túa entidade financeira do teu interese en ofrecer Bizum para recibir doazóns.
- 2. Agarda a que o teu banco active o código de doazón único con Bizum.
- 3. Unha vez habilitado o servizo, é o momento de recibir doazóns a través de Bizum!
Se tes calquera dúbida sobre como recibir doazóns a través de Bizum na túa ONG, podes contactar connosco facendo clic aquí.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis