- Actualidad
Todo o que necesitas saber sobre o código Bizum para facer doazóns
Decatámonos de que Bizum e as ONG e outras organizacións sociais compartimos o obxectivo de facerlle a vida máis sinxela aos demais. E que mellor maneira de unir forzas ca un servizo de doazóns fácil e sinxelo con Bizum? Pois iso foi o que fixemos.
Se enviar un bizum é moi sinxelo, facer unha doazón éo aínda máis grazas ao código Bizum, un código de 5 díxitos co que poderás facer chegar os teus cartos a diferentes entidades e causas benéficas. Contámoscho todo neste artigo.
Que é o código Bizum e como se utiliza?
O código Bizum para facer doazóns é un identificador único asociado a cada causa social para simplificar a súa localización á hora de realizar a doazón.
Doar é tan doado como enviar un bizum entre particulares:
-
- 1. Abre a app do teu banco e busca o servizo Bizum.
- 2. Selecciona a opción de “enviar cartos a unha ONG”.
- 3. Introduce o código Bizum que atoparás na listaxe completa.
- 4. Escolle a cantidade de cartos coa que queres contribuír.
- 5. Os teus cartos chegarán en apenas segundos á ONG!
Médicos Sen Fronteiras, ACNUR, Cruz Vermella, Save The Children ou, quizais, a parroquia do teu barrio son algunhas das miles de causas sociais que xa contan con Bizum.
Como saber o código Bizum asociado a unha ONG
Como che diciamos, cada ONG ten asociado un código Bizum único que fai que o proceso de doazón sexa moito máis directo, rápido e sinxelo.
Nesta listaxe de causas sociais facilitámosche o código Bizum de cada organización.
Ademais, tamén podes atopar o enderezo de correo electrónico das ONG para que poidas consultar as dúbidas ou solicitar o certificado de doazóns.
Como saber o Código Bizum asociado a unha causa benéfica
As situacións especiais requiren accións especiais. Por iso, algunhas ONG, ademais do seu código Bizum xeral, teñen un código Bizum específico para que poidas indicar que os teus cartos contribúan a esa campaña que tanto che importa.
Hai máis de 100 causas que están a un bizum da túa axuda e, para que poidas coñecelas, creamos Bizum.Help, unha canle de difusión para as ONG que axuda a conectar as persoas que queren axudar coas causas que necesitan axuda. O noso obxectivo: axudar a axudar.
Que é Bizum.Help? Sácalles o máximo partido ao código Bizum!
En Bizum cremos que a mellor maneira de seguir axudando é crear unha plataforma que sirva de altofalante de centos de causas que necesitan axuda. Por iso creamos Bizum.help, para que poidas coñecer e atopar centos de proxectos benéficos aos que doar de forma rápida, cómoda e segura. A través do buscador do sitio Bizum.help podes atopar o código Bizum de cada causa do seguinte xeito:
-
- 1. Localización: atoparás as causas que actúan nunha zona xeográfica específica. É tan simple como introducir o código postal ou a localidade. Fai clic na que máis che interese para descubrir o seu código Bizum!
- 2. Tema: animais, cooperación internacional, dereitos humanos, saúde, inclusión social… son algunhas das materias nas que están clasificadas as causas. Lembra que cada unha leva un código Bizum asociado!
- 3. Causas populares do mes: son os tres proxectos que máis doazóns reciben. Poderás ver o nome do proxecto, o seu código Bizum para realizar a doazón e a clasificación á que pertence.
Tamén podes consultar os obxectivos de cada campaña a través das ligazóns que fomos engadindo no post e comprobar as datas nas que se está a desenvolver (aínda que algunhas ONG tamén teñen campañas recorrentes que están activas de maneira continua).
Bizumer, colaborar cos máis necesitados é máis doado ca nunca. Anímate e contribúe!
Atención, Bizumer! Non é o mesmo Código Bizum ca clave Bizum
Bizumer, atento! Non hai que confundir o código Bizum coa clave Bizum, que servía para confirmar as nosas compras en liña. A clave Bizum foi substituída pola solicitude de pagamento, un mecanismo polo que, cando fas unha compra, che chega unha notificación solicitando o pagamento e… voilà!, compra realizada.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis