Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Como doar en Nadal a unha ONG con Bizum?

Tiempo de lectura: 5 min
Publicación: 27/12/21
Última actualización: 18/11/26

O Nadal é unha época ideal para axudar a quen máis o necesita e para doar a ONG. Ese espírito que o invade todo nestas festas fai que a solidariedade estea a flor de pel. Nos últimos meses vímono de preto coa situación provocada polo volcán da Palma. Desde Bizum habilitamos códigos especiais para iso. E agora volvemos pedir a túa colaboración para os próximos eventos solidarios como a Gala Inocente Inocente de RTVE e a Marató de TV3. É momento de arrimar o ombreiro e facer as túas doazóns con Bizum. Lembrámosche o doado que é e o rápido que chega a túa axuda ás entidades destinatarias. ¡Este Nadal doa con Bizum!

Doa con Bizum na Gala Inocente Inocente e co código 33379

Como cada Nadal, a Gala Inocente Inocente volve fiel á súa cita coa solidariedade. Este evento televisivo emitirase o 28 de decembro a partir das 22 h na 1 de RTVE e reúne máis de 300 persoas famosas e inocentes por unha boa causa: axudar nenos e nenas con necesidades e en risco de exclusión social en España. E este ano podes poñer o teu gran de area a través de Bizum. O código de doazón é 33379.

Fai un bizum solidario o 28 de decembro co código 33379 e colabora coa Gala Inocente Inocente
Este 2021 a Gala Inocente Inocente irá enfocada a recadar fondos para os nenos e as nenas con cancro e as súas familias. O obxectivo é que melloren a súa calidade de vida. Co lema ¡Axúdaos a vivir! podes colaborar coa causa e facer a túa achega dun xeito sinxelo con Bizum. E non te esquezas do código, bizumer, ¡é o 33379!

En 2020 esta Gala, organizada pola Fundación Inocente Inocente xunto a RTVE, sumou máis de 1,6 millóns de euros en directo para combater a pobreza infantil. Este ano tes unha nova oportunidade de axudar a pulverizar esa cifra. ¡Axúdaos a vivir! E lembra que xuntos somos capaces.

Bizum facilítache as doazóns a ONG este Nadal

Unha axuda que chega ao instante con Bizum

Aportar unha cantidade económica a unha entidade social que atende as persoas que máis o necesitan nunca foi tan doado como agora. Bizum permíteche facer unha doazón á ONG que ti elixas en cuestión de segundos. Se aínda non o probaches, mira que sinxelo é e comproba como a túa doazón chega ao instante:

1. Entra na app do teu banco.
2. Selecciona a opción «Aportar a unha causa solidaria» ou «Doar». En función da entidade, a mensaxe pode variar.
3.Elixe unha ONG á que enviar a túa achega das que aparecen na listaxe.
4. Se o prefires, podes introducir directamente o código da organización elixida.
5. Selecciona a cantidade coa que queres contribuír e preme “Enviar”.
6. O teu diñeiro chegará nese mesmo momento á ONG.

En Bizum tes unha listaxe completa con todas as ONG ás que podes doar. Xunto ao nome da entidade verás o código de envío que debes introducir para facer chegar a túa achega.

Lembra que o límite de envío é de 1000 euros por cada doazón. Con todo, non hai máximos en canto ao número de doazóns que podes realizar. Consulta coa túa entidade bancaria as condicións do servizo, xa que poden ser distintas segundo se trate dunha ou doutra.

Sigue os pasos para facer o teu Bizum este Nadal e colaborar coas ONG que máis o necesitan

A Marató de TV3: nova oportunidade para ser solidario este Nadal

Ocasións que están por chegar e outras nas que facer balance, como A Marató 2021 de TV3. Unha cita que se celebrou o 19 de decembro cun obxectivo claro: a saúde mental e na que Bizum facilitou tamén as doazóns.

Depresión, ansiedade, trastorno bipolar, esquizofrenia e outras psicoses, trastornos obsesivos compulsivos, trastornos do neurodesenvolvemento (como o TDAH, o trastorno do espectro autista ou da aprendizaxe), trastornos da personalidade, da conduta alimentaria ou adiccións. Estes son só algúns dos problemas de saúde mental que protagonizaron a 30ª edición de A Marató de TV3 e Catalunya Radio o pasado 19 de decembro.

A Marató de TV3 é un proxecto solidario impulsado por Televisió de Catalunya e a Fundació La Marató de TV3. O seu enfoque está moi claro e non é outro que obter recursos económicos para a investigación científica de enfermidades que, hoxe por hoxe, non teñen cura.

Colabora con A Marató de TV3 e envía a túa doazón por Bizum co código 33333
Aínda que o día 19 xa pasou, aínda estás a tempo de poñer o teu gran de area en A Marató 2021, e ademais con Bizum. O código 33333 é o número que deberás introducir na túa app para enviar o teu diñeiro e colaborar coa causa.

Ata a data conseguíronse máis de 9 millóns de euros, pero podes seguir facéndoo ata o 31 de marzo de 2022. Coa túa axuda, bizumer, podemos conseguir que este marcador suba un pouco máis. ¡Colabora agora co 33333 e súmate a A Marató 2021 con Bizum!

Bizum Solidario no Nadal, ¡colabora agora!

Bizumer, este Nadal é momento de axudar e de axudarnos. Situacións críticas como as do volcán da Palma, vidas como as das persoas que teñen trastornos mentais ou as de quen sofre cancro, enfermidades sen cura, ou calquera outro momento no que podemos chegar a necesitar a solidariedade e o apoio dos demais…

E cando iso sucede, toca axudar dedicando o noso tempo, pero tamén os nosos recursos económicos. En moitas destas ocasións o diñeiro facilita moito a vida destas persoas. E se se trata de enviar diñeiro, ¡Bizum está aí para facelo doado, seguro e moi rápido!

Mostra a túa solidariedade este Nadal con Bizum doando a ONG
En Bizum estamos moi orgullosos de poder canalizar esa axuda económica e de que chegue aos seus destinatarios ao instante. Este Nadal colle o teu móbil, abre a túa app e elixe as ONG coas que queres colaborar. Busca na listaxe ou introduce o código se o coñeces. Ao outro lado hai persoas que necesitan a túa axuda e que cho agradecerán sempre.

Desde que se lanzou a aplicación recadáronse doazóns por valor de 18 millóns de euros. E nestas festas queremos bater todas as cifras. ¡É Nadal, doa a ONG con Bizum!