- Actualidad
3 dúbidas comúns á hora de xestionar a túa conta Bizum resoltas
Aos problemas, solucións, e ás dúbidas, respostas. Non che parece? Usar Bizum para compartir gastos entre amigos ou facer as túas compras online é super sinxelo. Xa sabes que somos moi pesados con este tema. Pero si, é certo que ás veces xorden algunhas preguntas sobre a xestión da túa conta Bizum. Entre todas esas cuestións habituais seleccionamos as tres que máis se repiten e hoxe dámoslles resposta. Así que toma nota porque queremos que te convertas nun bizumer avanzado.
Chegou o momento de cambiar o meu número de móbil, e o meu Bizum?
Que non cunda o pánico! Esta situación é moi habitual, pero non o deixes para mañá, que nos coñecemos… eh? Para iso debes comunicar á entidade bancaria coa que estabas rexistrado que cambiaches o teu número de móbil para que o actualicen en Bizum. E listo!
Ademais, para evitar que o teu número de teléfono anterior se manteña activo ata que notifiques ao banco o novo, recomendámosche tramitar a túa baixa antes do cambio.

Dous bizumers coa mesma conta: si, é posible!
Esta aclaración vai para esas parellas de bizumers que decidiron, non só compartir a súa vida, senón tamén os seus euros. As dúas persoas poden asociar o seu número de móbil co mesmo IBAN, aínda que isto tamén é válido para dúas ou máis persoas que, sen ser parella, comparten conta.
Outro caso moi habitual é que ti ou a túa parella dispoñades de dous móbiles, o persoal e o do traballo, por exemplo. Nese caso cada número si pode estar asociado a unha conta bancaria diferente porque un número de teléfono só pode asignarse a un único número de conta (IBAN). A Bizum, de momento, non lle apetece isto do poliamor e prefire o one-to-one de toda a vida.

Cambio de banco, pero quero seguir con Bizum: que fago?
Tamén temos solución. Para facelo, debes entrar na aplicación da entidade á que te queres ir. Cando esteas dentro, ao intentar acceder á área Bizum verás que sae unha mensaxe para preguntarche se desexas cambiar dunha entidade a outra. Voilà. Xa tes o teu número de teléfono asociado á túa nova conta.
Esta circunstancia é máis habitual do que parece, sobre todo cando temos varias contas bancarias. O que debes ter moi claro é que o teu número de móbil só pode estar asociado a un IBAN, pero podes cambiar a outra das túas contas tantas veces como o necesites.
No caso de cancelar a túa conta bancaria, a túa baixa en Bizum tramitaraa o banco co que te rexistraches e este proceso de baixa pode tardar un par de días. Pero se queres que o cambio sexa inmediato, o mellor será xestionar previamente a baixa en Bizum. Así poderás darte de alta no teu novo banco en canto teñas a conta.
Estas tres son as consultas máis comúns. Se acabas de estrearte con Bizum quizais che xurdan máis, así que che aconsellamos que te pases polas nosas preguntas frecuentes para atopar máis respostas ou que contactes connosco se se trata dunha cuestión que alí non aparece.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis