Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Como facer doazóns a ONG con Bizum?

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 1/11/20
Última actualización: 18/11/26

Unha das características que converteu a Bizum nunha aplicación moi recomendada é a rapidez do servizo, é dicir, a emisión e recepción inmediata dos pagamentos. Pero o que podes facer como Bizumer non se limita á liquidación de débedas entre amigos ou á compra online: Bizum é tamén unha vía transparente e segura para facer doazóns a ONG sen que haxa ningún tipo de comisión no proceso.

Que é o código ONG de Bizum e para que serve?

Xa hai máis de 1 500 ONG adheridas a este servizo de doazóns a través de Bizum. O código de ONG funciona como un identificador para as distintas institucións e campañas en marcha.

Como realizar entón unha doazón a unha ONG con Bizum? O sistema é moi similar ao dos pagamentos entre amigos ou os pagamentos a tendas online. Tes que acceder á app do teu banco na que teñas o servizo activado e seleccionar a opción “achegar a unha causa solidaria”.

Unha vez neste punto, poderás continuar o proceso de dúas formas diferentes:

1. Selecciona a ONG da lista que che ofrece a app.

2. Introduce de forma manual o código da campaña que estea activa nese momento. Na nosa web, podes atopar unha listaxe das ONG que admiten doazóns con Bizum e as súas correspondentes campañas.

Despois de completar o importe e confirmar a transacción, a organización que seleccionases recibirá a túa doazón de maneira instantánea. Se unha vez efectuado o pagamento á ONG queres solicitar o certificado de doazóns, especialmente de cara á declaración da renda, será necesario que envíes un mail á organización receptora cos seguintes datos para que a ONG poida identificar a túa doazón:

– Nome e apelidos.

– Número de DNI.

– Enderezo postal.

– Correo electrónico.

– Importe doado.

Onde atopar o email de contacto? De novo, no noso listado de ONG, facilitámosche o enderezo de correo electrónico para que poidas pedir o certificado. Tamén podes consultar máis información sobre os obxectivos de cada campaña concreta a través das ligazóns que achegamos e comprobar as datas en que se está a desenvolver (aínda que algunhas ONG tamén teñen campañas recorrentes que están activas de continuo).

As doazóns a ONG con Bizum teñen todas as garantías de seguridade e transparencia

Fágoche un Bizum solidario

Este servizo é completamente gratuíto, non ten ningunha comisión e, como sempre, Bizum ofrece todas as garantías de seguridade e transparencia nas operacións. As ONG que utilizan Bizum como canle para recibir doazóns son verificadas polas entidades bancarias, que en última instancia son as encargadas de habilitar este servizo.

As doazóns a ONG a través de Bizum multiplicáronse a raíz da pandemia global da COVID-19 debido ao maior grao de dixitalización da poboación e a que ofrecen unha alternativa rápida e segura ás transferencias bancarias. Sen dúbida, grazas aos Bizumers, este servizo sen ánimo de lucro está a reducir os obstáculos aos que se enfrontan as ONG para conseguir novas doazóns. Colaborar cos máis necesitados é hoxe máis doado que nunca.