Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Incidencias

Que debo facer se non podo recibir Bizum?

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 27/3/25
Última actualización: 18/11/26

Se chegaches ata aquí é porque non podes operar con Bizum ou tes un bizum non recibido e queres saber que pasou. En primeiro lugar, tranquilo, non te agobies e, sobre todo, non penses “Que fago agora se non podo recibir Bizum?”. Seguramente a solución sexa máis sinxela do que cres e en cuestión de segundos poderás operar de novo co teu sistema de pagos favorito.

A continuación, explicámosche que puido pasar e como solucionar cada caso.

Razóns polas que non podo recibir Bizum

Se os teus contactos che din que non poden enviarche un Bizum, non te preocupes! A solución é tan sinxela como comprobar se:

  1. Non estás dado de alta en Bizum. Para poder operar con Bizum debes ter unha conta nun dos nosos bancos adheridos, ter activada a súa banca dixital e instalada a súa app. E, despois, seguir os pasos de rexistro que indica a túa entidade.

É moi importante que teñas en conta que só podes operar con Bizum se previamente activaches a túa conta. Así que, se aínda non te deches de alta, consulta aquí todos os bancos compatibles con Bizum e segue os pasos para darte de alta. Unha vez confirmes a alta xa podes operar con Bizum!

  • Cambiácheste recentemente de banco. Se te cambiaches de banco recentemente é importante que tamén solicites a túa baixa en Bizum no antigo para poder seguir operando desde a túa nova entidade. Se non o fixeches, é posible que este sexa o motivo polo que non podes recibir bizums. Por iso, deixámosche en esta publicación a guía completa de como xestionar o cambio de Bizum dunha conta a outra de forma sinxela.

Agora que xa sabes as respostas á pregunta por que non podo recibir Bizum? A que esperas para comprobar a túa alta!

Posibles razóns polas que tes un Bizum non recibido

No caso de que a túa vinculación a Bizum sexa correcta, é dicir, es bizumer ao 100 %, existen dúas razóns polas que podes ter un Bizum non recibido, pero non te alarmes! que todo ten solución. Bota unha ollada a esta lista de exemplos e descobre a resposta a por que tes un Bizum non recibido:

  1. Conexión a internet. Se non tes Wi-Fi ou estás na zona morta de cobertura, é moi posible que non recibises a notificación do banco co teu bizum. Non é que teñas un bizum non recibido, é que aínda non che chegou a actualización! Polo que, só queda esperar a que a cobertura volva para ver ese ingreso na túa conta bancaria.

Se unha vez restablecida a cobertura segue sen aparecer… segue lendo.

  • Comproba que o movemento saíu correctamente. Ás veces, a persoa que o envía cre que confirmou a operación, pero quedou a medias. Polo que o seguinte paso é pedirlle ao emisor que comprobe que a operación está confirmada na súa app bancaria e retirado o diñeiro da súa conta. Sinxelo, verdade?
  • Comproba que os datos están ben introducidos. En moitas ocasións atopámonos con bizumers que, polas présas, introducen mal o número de teléfono. Por iso é normal que teñas un bizum non recibido. Basicamente, porque non cho enviaron a ti.

Se os datos son correctos, tranquilo! en cuestión de minutos aparecerá reflectido o bizum na túa conta bancaria.

E en caso de que os datos estean mal, pídelle á persoa que che debe o diñeiro que faga de novo a operación, iso si, agora correctamente. Pola súa banda, terá que poñerse en contacto coa persoa á que enviou o diñeiro por erro para que llo devolva (tamén pode consultar coa súa entidade en que casos pode solicitar a devolución da operación).

Como ves, sexa cal sexa o teu caso, Bizum é un sistema de pagos que conta cos maiores estándares de seguridade e baséase no sistema de transferencias inmediatas (SEPA), polo que o teu diñeiro sempre se mantén nunha contorna segura e nunca queda no “limbo do diñeiro”. Viaxa de conta a conta en menos de 5 segundos.

E ante a dúbida… contacta co teu banco

Para rematar, é importante que teñas en conta que Bizum é un sistema ofrecido directamente pola túa entidade bancaria. Polo que o máis sinxelo é que, ante calquera dúbida, te poñas en contacto directamente co teu banco. Aínda que, como sempre, nós estaremos encantados de atenderte.