- Artículo
- Particulares
- Seguridade e fraude
Bizum, un método de pago seguro entre particulares
Falar de Bizum é falar dunha forma de pago segura entre particulares. É rápido, doado e, sobre todo, seguro, xa que, ao estar dentro das canles bancarias, conta con todo o seu respaldo en cuestións de seguridade. Por iso, é normal que sexa o primeiro método de pago que vos veña á cabeza á hora de realizar unha compra entre particulares.
E, aínda que é certo que Bizum é unha opción ideal para a compra entre particulares, queremos lembrarche que hai algúns detalles que debes ter en conta para garantir que todo saia perfecto, xa que desde Bizum non podemos certificar a boa vontade de ambas as partes.
Así que, se estás interesado en saber como facer un pago seguro a un particular a través de Bizum, ponte cómodo e segue lendo!
Cando se trata dunha compra entre particulares de forma presencial, saldar as débedas adoita ser moito máis sinxelo, xa que podes comprobar in situ que o produto é o anunciado.
Unha vez chegado o acordo toca escoller unha forma de pago segura entre particulares e o máis sinxelo é utilizar Bizum. Para iso segue os pasos habituais de enviar un Bizum asegurándote de introducir correctamente o número de teléfono e o importe. E a gozar da compra de segunda man!
Agora que xa sabes como facer un pago seguro a un particular goza das apps de segunda man sen problemas e benefíciate de realizar unha compra entre particulares máis sustentable 😊.
Bizum é unha forma de pago segura entre particulares, pero como en calquera transacción, é bo estar atento, sobre todo se non tes garantías da boa fe da outra parte implicada.
Por iso, cando se trata dunha compra entre particulares en liña, é recomendable ter en conta algúns aspectos:
- Confirma que o vendedor sexa un particular real. Verifica que a persoa coa que estás tratando sexa realmente un particular e non un comercio para poder usar Bizum como método de compra entre particulares. Se é unha tenda, terá que ser a través da opción de pago en liña.
- Permanece alerta ante posibles comportamentos sospeitosos como, por exemplo:
- Prezos sospeitosamente baixos: se o vendedor ofrece un produto novo ou de alta gama a un prezo moito máis baixo que o de mercado, coidado!
- Inconsistencias na información: se o número de teléfono para o pago é diferente ao que usou para comunicarse contigo ou o nome do receptor non coincide co do vendedor, desconfía. Igualmente, sospeita se o nome da persoa que recibirá os cartos é diferente ao nome do vendedor co que estiveches mantendo a conversa.
- Reputación do vendedor: en plataformas de venda, verifica a reputación do vendedor e a antigüidade da conta. Presta especial atención e indaga con aqueles con mala reputación ou que leven pouco tempo na plataforma.
- Verifica o número de teléfono: fai unha busca rápida en Internet para asegurarte de que o número do vendedor non está asociado a casos de estafa.
Agora xa sabes como facer un pago seguro a un particular así que, a gozar das túas compras con toda tranquilidade.