- Artículo
- Particulares
- Primeiros pasos
Cambia Bizum de banco de xeito doado
Antes de comezar
Leva Bizum á túa nova entidade e segue usando o mesmo número de teléfono. Podes facer o cambio mediante portabilidade desde a app do teu novo banco ou darte de baixa primeiro e volver activalo.
O teu Bizum, agora no teu novo banco
Bizum está asociado ao teu número de teléfono e a unha conta bancaria. Se cambias de entidade, podes vincular ese mesmo número á nova conta. Lembra que cada número de teléfono só pode estar asociado a un único IBAN.
Fai o cambio desde a túa nova entidade
A opción máis directa: entra en Bizum desde a app do teu novo banco e solicita o cambio de entidade.
-
Comproba que a conta da túa nova entidade está operativa e accede á súa app.
-
Entra na área Bizum e inicia a alta co mesmo número de teléfono.
-
Cando apareza o aviso para cambiar Bizum dunha entidade a outra, confirma a portabilidade.
-
O teu número quedará asociado á conta da nova entidade e poderás seguir enviando e recibindo Bizums.
Dá de baixa Bizum e actívao de novo
Se prefires facer o cambio en dous pasos, dá de baixa Bizum na túa entidade actual antes de rexistrarte na nova.
- Entra na área Bizum da app da túa entidade actual e busca a opción de baixa nos axustes.
- Confirma a baixa antes de pechar a conta bancaria. Así evitarás que o número siga vinculado á conta anterior.
- Accede á app do teu novo banco, entra en Bizum e completa o proceso habitual de activación co mesmo número.
- Se xa cancelaches a conta anterior, a baixa pode tardar uns días e terás que solicitala ao banco. Para un cambio inmediato, é mellor xestionala previamente.
Un número de teléfono, unha conta
Por seguridade, un número de teléfono só pode estar asociado a un IBAN. Unha mesma conta si pode estar vinculada a varios números de teléfono, por exemplo, cando varias persoas comparten conta. Se queres utilizar Bizum con dúas contas distintas, necesitarás dous números de teléfono diferentes.
Antes de pechar a túa antiga conta, revisa o teu Bizum
Se vas cancelar a conta do teu anterior banco, cambia Bizum de entidade ou tramita a baixa antes.
Deste xeito evitarás que o teu número siga asociado á conta anterior e poderás activar o servizo na nova sen esperas.
O que necesitas saber. Sen rodeos
Teño que cambiar o meu número de teléfono?
Non. Podes manter o mesmo número e asocialo á conta da nova entidade.
¿Podo ter Bizum en dous bancos co mesmo número?
Non. Cada número de teléfono só pode estar asociado a un IBAN.
Para ter Bizum en dúas contas distintas precisas dous números diferentes.
Debo darme de baixa antes de cambiar?
Non sempre. Se a túa nova entidade permite a portabilidade, poderás confirmar o cambio desde a súa app.
Se vas pechar a conta anterior ou queres evitar incidencias, podes dar de baixa Bizum previamente.
Que fago se o cambio non se completa?
Contacta coa túa entidade bancaria.
Bizum é un servizo ofrecido polos bancos e o proceso pode variar segundo os seus protocolos.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis