Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Primeiros pasos

Este é o identificador dixital de Bizum, a nova forma de rexistro en liña

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 30/5/23
Última actualización: 18/11/26

Saberías dicir cantas contrasinais diferentes tes? A do correo, as das redes sociais, a de cada comercio electrónico… Seguro que son ducias. Para que poidas unificar accesos de forma segura lanzamos o identificador dixital de Bizum.

Bizum naceu cun obxectivo claro: facilitar a vida das persoas. Por iso, despois de lanzar o sistema de pago entre particulares, comercios e ONG máis sinxelo do mercado, agora tamén é un novo método de rexistro e identificación fácil e seguro, grazas ao lanzamento do identificador dixital de Bizum. Un método de rexistro e identificación tan fácil, rápido e seguro como os Bizums que envías día a día.

Que é o identificador dixital de Bizum?

Antes de contarte que é o identificador dixital de Bizum imos contarte que é un identificador dixital en xeral. Moi sinxelo: é un sistema de acceso único e intransferible a unha plataforma que normalmente está composto por un nome de usuario e un contrasinal, e que se consegue cubrindo previamente un formulario de rexistro.

O identificador dixital de Bizum é o novo servizo lanzado por Bizum co que poderás rexistrarte e identificarte en sitios web de forma moi sinxela. Sen necesidade de cubrir todos os datos e inventar novas contrasinais.

    • – Como rexistrarte co identificador dixital de Bizum? Só necesitarás o teu número de teléfono e a app do teu banco.
    • – Que información de rexistro ofrece o identificador dixital de Bizum? Desde Bizum só se proporcionará a información estritamente necesaria para o rexistro ou a identificación no sitio web. Así, non terás que cubrir todos os teus datos unha e outra vez con cada novo login ou compra on-line.

Como utilizar o identificador dixital de Bizum?

Para poder empezar a identificarte con Bizum, só debes acceder ao sitio web adherido que desexes e seleccionar a opción de identificación con Bizum. Unha vez aí tan só hai que seguir dous pasos:

    • 1. Introducir o teu número de teléfono
    • 2. Confirmar o acceso a través da notificación que che chegará na túa app bancaria.

E xa podes entrar na túa conta sen cubrir nada máis grazas a Bizum!

Contacta coa túa entidade para saber cando poderás empezar a utilizalo.

Seguridade e vantaxes do identificador dixital de Bizum como usuario

Este novo servizo de Bizum ofrece múltiples vantaxes como:

  • – O identificador dixital de Bizum facilita o proceso de rexistro, identificación e compra on-line.
  • – Ademais, só comparte os datos estritamente necesarios, evitando compartir información con terceiros, o que che dá maior privacidade.

O identificador dixital de Bizum tamén che permitirá xestionar os permisos que lle outorgases a outras empresas sobre a túa información persoal, podendo ver onde te rexistraches e editar ou eliminar dito consentimento segundo as túas necesidades ou preferencias.

Vantaxes para os comercios que usen o identificador dixital de Bizum

Tamén son moitas as vantaxes que ofrece Bizum para os comercios que ofrezan este servizo:

    • Diminúe as posibilidades de fraude. A información do identificador dixital de Bizum provén directamente das entidades financeiras, que foi convenientemente verificada durante o proceso de alta do usuario no seu banco.
    • O identificador dixital de Bizum acabará, ademais, coa alta fricción e o abandono nos procesos de alta en comercios online, producidos pola gran cantidade de datos que ten que achegar o usuario nese momento.
    • Diminúe os custos da verificación da información de novos clientes.

Se queres saber todo sobre o identificador digital de Bizum, podes contactar coa túa entidade bancaria para que te manteña ao tanto de todas as novidades. Iso si, adiantámosche que, se xa dispós da opción de pago a través de Bizum no teu comercio electrónico, serache máis sinxelo beneficiarte da nova funcionalidade de identificador dixital de Bizum, xa que se incluíu este servizo dentro da comunicación cos TPV virtuais das entidades.