- Artículo
- Particulares
- Enviar diñeiro
Cal é o importe máximo de Bizum?
Todo na vida ten límites, todo menos o noso amor por ti. E é por iso que queremos protexerte poñendo un importe máximo Bizum tanto para enviar como para recibir. Contámosche todos os detalles.
Cal é o límite de importe máximo Bizum entre particulares?
Es tan Bizumer que sabes os números de teléfono dos teus amigos polos bizums que vos fixestes. Pero, sabes cal é o importe máximo Bizum que podes enviar? Para que non teñas dúbidas, contámosche todos os detalles dos límites que están establecidos desde Bizum para garantir a túa seguridade.
* Iso si, é importante que saibas que, dentro destes límites, a túa entidade pode establecer os seus propios co mesmo fin ca nós.
LÍMITES COMO EMISOR DE BIZUMS
-
- Límites por operación: existe un mínimo de 0,5 € e un importe máximo Bizum de 1.000 €. Dentro deste rango hai moitas posibilidades, verdade?
- Número de Bizums: podes enviar un número ilimitado de operacións; non obstante, ao día só podes enviar un importe máximo Bizum de 2.000 €
- Cantidade mensual: No caso do límite mensual, está establecido que mensualmente podes enviar un importe máximo Bizum de 5.000 € ao mes.
Ao recibir diñeiro, tamén hai un importe máximo Bizum?
Si, tamén existen límites. Son os mesmos ca cando che chega o diñeiro sen que o teñas solicitado. É dicir, poderás recibir ou solicitar un máximo de 60 operacións ao mes e recibir ata 2.000 euros ao día.
Poñamos un exemplo: se se achega algún gran evento como pode ser o día da túa voda e decides usar Bizum para que os teus amigos e familiares che fagan chegar os seus agasallos, lembra isto: ese día só poderás recibir 2.000 € ti e 2.000 € a túa parella. Por iso recomendámosche que pidas aos teus convidados que che envíen os agasallos uns días antes. Se entre eles hai algún despistado, non te preocupes, cando intenten facerche un agasallo e xa teñas chegado a esta cifra, chegaralles un aviso indicando que o Bizum non se puido realizar. Pídelles que cho envíen outro día e seguide coa festa!
Cando estou a mercar en liña, hai un importe máximo Bizum?
Neste caso non hai importe máximo Bizum, xa que o límite está asociado ao máximo que teñas establecido coa túa entidade.
* Consello: se precisas mercar algo por Bizum que supera o teu límite, modifícao puntualmente desde a app do teu banco. En moitos casos, é inmediato.
Hai un importe máximo Bizum para as doazóns?
A xenerosidade non ten límites! Xa sabes que con Bizum podes axudar ás túas entidades sociais favoritas enviando diñeiro de forma cómoda, rápida e segura, pero sabes cal é o importe máximo Bizum que podes doar?
Con Bizum podes facer doazóns de ata 1.000 € de cantidade, sen límite de operacións. É dicir, poderás doar un importe máximo Bizum de ata 1.000 euros todas as veces que queiras e a todas as ONG que desexes.
Existe un importe máximo Bizum nas Administracións de Loterías e Apostas do Estado?
Hai días nos que un se sinte afortunado. O café sáeche xusto como che gusta, o metro chega a tempo, o teu xefe é simpático contigo e pensas “vou mercar un número de lotaría”. Nas administracións de Loterías e Apostas do Estado podes pagar con Bizum, o límite polo ti e o afortunado que te sintas!
E se a túa sorte continúa e gañas algún premio… Parabéns! Tamén poderás cobrar premios cun importe máximo Bizum de ata 2.000 euros. Máis ca suficiente para uns cantos caprichos, unha escapada de fin de semana ou unha festa polo alto.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis