- Artículo
- Particulares
- Pagar con Bizum
Como mercar en liña sen tarxeta?
Querido Bizumer. Sabemos que, seguramente, en máis dunha ocasión che pasou que estás navegando tranquilamente por internet e atopas ese produto que levabas tempo buscando; ou que saen por sorpresa unhas entradas para un concerto que tes que comprar asap. Pero… onde teño a carteira?
Non te preocupes e deixa a un lado o drama: a que sabes o teu número de teléfono? Pois con saber só eses 9 díxitos ímosche ensinar como pagar online de forma rápida grazas a Bizum.
Como pagar online con Bizum
Posto que facilitarche a vida é o noso hobby favorito, quixemos dar resposta a como comprar por internet sen tarxeta e puxémonos “mans ao código” para crear unha solución que responda á nosa forma de entender as finanzas, é dicir, segura, rápida e sinxela. Todo iso baixo a marca Bizum.
- – Isto quere dicir que ademais de saldar débedas con amigos podo pagar con Bizum nas miñas tendas favoritas?
- – Así é, bizumer.
Explicámosche como comprar por internet sen tarxeta nuns sinxelos pasos:
-
- 1. Engade ao “carriño” todo aquilo que queiras comprar.
- 2. Selecciona Bizum como método de pago.
- 3. Nese momento, na app do teu banco aparecerá un aviso para confirmar a túa compra. Acéptao.
- 4. ¡LISTO!
Como pagar online coa clave Bizum?
Algunhas entidades teñen habilitada a confirmación de pago mediante clave Bizum. Isto quere dicir que se confirma o pago a través dunha clave de 4 díxitos que, previamente, che facilitou a túa entidade. Se queres saber máis sobre esta confirmación de pago podes velo aquí.
En que comercios online podes usar Bizum?
É un non parar. Cada vez son máis os comercios que inclúen o pago con Bizum e por moito que che digamos que son 22.259, en canto remates de ler o número, seguramente teñamos outros comercios novos. Así que o máis sinxelo é que consultes aquí se o teu comercio favorito admite Bizum como método de pago.
Aínda que che adiantamos que seguramente estea, porque temos de TO-DO: supermercados, perfumarías, florarías, zapatarías, axencias de viaxes…
Descubre como pagar online de forma segura con Bizum
E, como sabemos que as primeiras compras online poden ser unha auténtica aventura para moitas persoas, deixamos estas liñas para que, os neófitos neste ámbito, se sintan tranquilos seguindo dous sinxelos consellos á hora de facer unha compra online:
-
- Comproba que se trata dun comercio seguro. Como? Debes repasar unha serie de parámetros para garantir que se trata dun comercio lexítimo. Deixámosche a información aquí. Pero o máis sinxelo é que se admite pago con Bizum, é un comercio SE-GU-RÍ-SI-MO.
- Utiliza un método de pago oficial. Xa sexa introducindo os datos da túa tarxeta ou escollendo Bizum como método de pago online, debes ter en cuenta que se usas estas opcións estás contando coa máxima garantía de seguridade conforme aos estándares regulados pola Unión Europea e a lexislación española.
E iso é todo!
Agora que xa sabes como pagar online con Bizum e, sobre todo, que Bizum é un método seguro: adéntrate no mundo do comercio online de forma fácil e sinxela. Porque cando aprendes como comprar por internet sen tarxeta, xa non podes elixir outra maneira de facer as túas compras online.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis