Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Empresas
  • Recibir e cobrar

Pago de empresas a persoas con Bizum? Como e cando

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 9/10/23
Última actualización: 18/11/26

Tiveches algunha vez sorte cun rasca e gaña? Tes un QR dunha promoción? O teu cupón saíu premiado? A partir de agora, as empresas poderán pagarche premios coma estes a través de Bizum

Non, non é o mundo ao revés, aínda que poida parecelo. Xa coñeces como funciona Bizum e as súas posibilidades para realizar pagos entre persoas e en comercios de forma cómoda, rápida e segura. Pero, en ocasións, son as empresas as que, por diferentes motivos, necesitan realizar pagos aos clientes e non ao contrario. E é desta necesidade de onde xorde o pago de empresas a persoas con Bizum. Segue lendo que che contamos como funciona.

Como funciona o pago de empresas a persoas con Bizum?

Imaxina a situación: estás no teu bar de sempre cos amigos, pedides algo e xusto ese día hai unha marca que está a facer unha promoción. Así que, con cada consumición, entréganche un cupón con QR co que podes gañar unha invitación ou un premio en metálico.
Pois aquí é onde entra en xogo o pago de empresas a persoas con Bizum. E é moi fácil, só necesitas o teu móbil e, sen necesidade de instalar nada, accedes á web á que te dirixa o QR para ver se o teu cupón está premiado.
Como? Metes o teu número de teléfono asociado a Bizum, e, se tiveches sorte, recibes o Bizum do premio en segundos!

Vantaxes para as empresas e os puntos de venda do pago de empresas a persoas con Bizum

Ademais, o pago de empresas a persoas con Bizum tamén ten vantaxes para puntos de venda e compañías. No caso de promocións que se fan a través de puntos de venda, o pago de empresas a persoas con Bizum facilita trocar premios en metálico directamente de empresa a cliente, sen necesidade de que os puntos de venda teñan que adiantar o diñeiro. E todo iso coa seguridade, comodidade e rapidez características de Bizum.
Para a compañía que realiza as promocións simplifícase o proceso xa que só é necesario coñecer o teléfono do usuario, evitando a xestión de efectivo ou ter que coñecer o IBAN. Ademais, pode saber os premios entregados ao instante e interactuar cos seus consumidores.

Caso de éxito do pago de empresas a persoas con Bizum

Un claro exemplo de pago de empresas a persoas é o caso de Loterías y Apuestas del Estado. Desde hai uns anos, é posible cobrar os teus premios facilmente con Bizum.
Se xa es bizumer resúltarche moi fácil e intuitivo cobrar os teus premios. Pero por se acaso, en este post explicamos como funciona este servizo polo miúdo.
Estas son algunhas das vantaxes do pago de empresas a persoas con Bizum, pero sabemos que pronto virán moitas máis. Así que moi atento, Bizumer!