- Artículo
- Particulares
- Pagar con Bizum
Pagos en liña seguros con Bizum
Cada vez atopamos máis formas de pago dispoñibles para realizar unha compra por internet. Cada unha ten uns beneficios e utilidades, pero se che interesa coñecer os pagamentos en liña seguros, imos contarche todo o que tes que saber.
Seguridade pagamentos en liña
Sabemos o importante que é a seguridade para ti. Por iso xa che falamos en máis dunha ocasión de temas de seguridade. Polo que tes moi claros aspectos básicos para detectar se un sitio web é seguro ou non para realizar a túa compra.
Hoxe imos ir un paso máis aló e imos falar da seguridade pagamentos en liña. É dicir, cales son os pasos para facer pagamentos en liña seguros.
-
- Tipo de conexión: Sabías que os hackers poden acceder aos teus datos se estás conectado a unha rede wifi pública? Pois imaxínate se fas unha compra en liña… poñeríasllo superfácil. Por iso, sempre que vaias facer calquera operación bancaria faino coa túa rede particular.
- Usuarios e contrasinais: Aínda que soe evidente, utiliza un contrasinal único e que alterne maiúsculas, minúsculas e caracteres especiais. Que o teu contrasinal sexa como se fose un nickname de MSN. Así poñémosllo máis difícil aos hackers.
- Actualiza o teu dispositivo: ten o teu móbil ou pc actualizado, así terás máis garantías de contar coas últimas actualizacións de seguridade.
- Utiliza un método de pago con dobre factor de autenticación: neste caso recomendámosche usar aqueles ofrecidos pola túa entidade nos que, ademais de ter os datos rexistrados, a operación se teña que confirmar mediante a túa aplicación bancaria.
Bizum pago seguro de dobre factor
Como exemplo e garantía de pagamentos en liña seguros: Bizum. O sistema de pago en liña ofrecido polas canles bancarias e, como tal, está amparado por todos os seus sistemas de seguridade.
Cando realizas un pago en liña con Bizum, a transferencia ordénaa directamente o teu banco e, como tal, ten un labor de dobre autenticación para garantir que es ti quen está a confirmar a compra.
Para iso, cando escolles como método de pago Bizum, ademais de poñer o teu número de teléfono, tes que completar a compra co teu móbil desde a túa aplicación bancaria. Polo que á hora de facer pagamentos en liña seguros con Bizum contas cunha garantía extra de confirmación.
Cal é a forma de pago menos recomendable?
Isto é simple. Ante a dúbida non poñas a proba o sistema de pago.
E, sobre todo, se o comercio ofrece a posibilidade de mercar con Bizum pago seguro, para que usar outro?
Ofrece Bizum pago seguro no teu ecommerce
Os comercios buscan ofrecer seguridade pagamentos en liña nos seus métodos de pago. Por iso xa son máis de 20.000 comercios en liña os que ofrecen Bizum pago seguro.
Se queres unirte a esta iniciativa tan favorecedora para a túa empresa, que incrementará a fidelidade da túa clientela, aquí ofrecémosche uns consellos para incorporar á túa empresa Bizum como medio de pago no teu ecommerce.
-
- En primeiro lugar, recomendamos que engadas o botón de Bizum nun lugar ben visible no teu checkout.
- Ademais, podes utilizar as redes sociais para informar os teus clientes de que ofreces o servizo Bizum.
- Comunica que é un pago seguro e rápido no proceso de compra.
- Así mesmo, podes explicar brevemente como funciona o dobre factor de autenticación e os pasos que hai que seguir para poder efectuar pagos desde esta plataforma.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis