- Artículo
- Particulares
- Seguridade e fraude
Como cancelar un Bizum e exemplos
A présa na maioría dos casos non axuda, e sábelo. A todos nos pasou iso de deixarnos levar polos impulsos, facer algo a toda pastilla e non poñer atención. É entón cando dicimos: ai, enganeime! E agora, como o soluciono? Como cancelo o bizum? Contámosche todo isto porque en Bizum adoitamos atender consultas sobre cancelacións.
Hoxe repasamos tres situacións concretas nas que te preguntas iso de… podo cancelar o Bizum? Así saberás como actuar en cada caso. Tamén aproveitamos para darche un superconsello que non é outro ca, ¡keep calm, bizumer, e revisa a operación!
Enviei un Bizum e enganeime, como anular o Bizum enviado?
Os Bizum que se envían a outro usuario non se poden cancelar. Así de entrada non se pode anular o Bizum que se envía a outro usuario. Se a confusión foi froito dun erro ao teclear, a forma de solucionalo pasa por contactar con esa persoa e pedirlle que cho devolva.
Se non podo anular o bizum, hai algo que poida facer? Outra alternativa é chamar á entidade bancaria que emite o envío para ver que posibilidades che ofrecen.

Podo rexeitar unha solicitude?
Outra das situacións que xera dúbidas dáse ao recibir solicitudes, por exemplo, no pago entre amigos. Chégache unha petición para que aboes a túa parte da cea en grupo do sábado. Pero resulta que ti ao final non fuches, e o teu amigo non se lembraba. Neste caso si podes rexeitala dentro da túa app bancaria, xa que es quen ten a última palabra sobre esa petición. Lembra que só a recibes se vas ser ti quen envíe os cartos.
Por certo, xa sabes que os envíos con Bizum son inmediatos. En menos de 5 segundos os cartos estarán na conta do destinatario. Porén, no caso de recibir unha solicitude, tes 7 días para aceptala ou rexeitala.
Que fago se recibo un Bizum que non recoñezo?
Despois de quitar ese sorriso da cara ao ver cartos inesperados, o seguinte é contactar co teu banco. Fixéronche un Bizum, pero cres que non che corresponde, así que toca amañalo. O primeiro é chamar á túa entidade bancaria e seguir as pautas para evitar estafas. Axudaranche:
– Para descubrir quen ordenou o envío. É entón cando te decatas de que Juan non che pagara o agasallo de Ana, pero borrárano dos teus contactos e xa nin te lembrabas. Caso resolto!
– Ao saber o nome do ordenante comprobas que non o coñeces de nada. Quizais se trate dunha confusión ao teclear o número de móbil. Por iso recomendámosche que sempre o fagas desde os teus contactos para evitar este tipo de erros.
– Toca contactar con esta persoa e devolverllos. Hoxe por ti e mañá por min.

O superconsello: comproba, comproba e volve comprobar
Xa coñeces de sobra o máis importante para enviar e recibir cartos. Pero déixanos darche unha advertencia de nai: antes de realizar as túas operacións con Bizum debes verificar que todos os datos sexan correctos revisando a pantalla de comprobación. Unha vez confirmado, estarás dando a túa aprobación ao envío de cartos.
E agora si, prometido, o último consello: procura gardar os números de teléfono dos usuarios a quen envías cartos nos teus contactos. Deste xeito evitarás erros de marcación. Lembra, ¡keep calm, revisa, garda e goza con Bizum!
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis