Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Enviar diñeiro

Por que non usar diñeiro en efectivo?

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 6/9/21
Última actualización: 18/11/26

¿En serio? ¿Aínda es desas persoas que leva efectivo na carteira para todo? ¿Aínda pagas con billetes e moedas contantes e soantes? ¿De verdade? Por aquí estamos tan convencidos das vantaxes do pago con Bizum que despois de ler este post collerás a túa carteira e gardarás o efectivo nesa hucha dedicada a proxectos futuros ou para eses casos insólitos cuxa única opción é o pago en metálico. A túa carteira converteuse no accesorio vintage que atesoura tickets, fotos, tarxetas de visita… Agora a nova carteira é o móbil, e se non, ¿de onde cres que vén o noso lema?: “Se levas móbil, levas diñeiro”. Descobre as vantaxes de non levar efectivo, e non te esquezas do móbil, bizumer.

Non máis “Necesito un caixeiro”

Escapada con amigas, cea cos de sempre, barbacoa en familia, compra dun agasallo, as cañas do venres,… E alguén que solta a frase-requete-escoitada: “¡Ouh! Teño que ir a un caixeiro” ¿Que me estás contando? Di adeus a sacar efectivo para facer fronte aos teus gastos. Agora, só co móbil podes efectuar eses pagos entre amigos sen necesidade de levar efectivo enriba. Paga un, e os demais fanlle un Bizum coa súa parte correspondente e esquecémonos dos paseos ao caixeiro.

A menos billetes, máis seguridade

O diñeiro en efectivo resulta máis doado de perder, e tamén máis sinxelo de roubar. En cambio, as túas operacións con Bizum son seguras. Se es dos que aínda pon escusas para non usalo, é momento de acabar con elas. Sexa cal sexa a xustificación, ¡acabouse! como dicía María Jiménez no seu temazo. Á confianza que che ofrece o teu banco de sempre, únese que Bizum é un método de pago seguro desde os seus inicios. Despídete do efectivo e sente a protección ao pagar con Bizum.

Pagos sen contacto que che dan tranquilidade

Máis hixiénico e con menos riscos. Desde 2020 poder saldar as túas contas sen billetes nin moedas de por medio dáche un extra de tranquilidade. Unha vantaxe aplicable a todos os usuarios de Bizum, pero sobre todo aos bizumers de máis idade que cada día comproban as vantaxes de usar Bizum na comunidade senior. Pagos de móbil a móbil sen intercambiar efectivo: parece maxia, pero é verdade verdadeira.

Pagar sen intercambiar efectivo, unha das vantaxes que máis valoran os seniors

¿Onde gastei os 50 €?

Si, ese billete que levabas esta mañá e do que, horas despois, só che quedan 2,50 €. Controlar os teus aforros non sempre é tarefa doada. Sen embargo, ao pagar con Bizum podes facer un seguimento máis exhaustivo dos teus movementos. É frecuente escoitar a quen leva efectivo enriba que non lembra en que o gastou. Só revisando tickets fanse unha idea, pero sempre se esquece algunha compra. Ao pagar co móbil terás un rexistro das túas operacións e saberás onde foi cada un dos teus euros. ¡Con Bizum as contas sempre cadran!

Pagos en efectivo que non se lembran Vs. seguimento dos teus gastos con Bizum

A rapidez e axilidade de Bizum vs. pagos en efectivo

Saco a carteira.
Busco o billete ou as moedas…
Espera que teño o peto.
Ah, vale.
Non, non…
Crin que si, pero non…
…

Pago con Bizum: móbil, contacto, importe. Feito.
¡Dito e feito! Rápido non, instantáneo.

Bizumer, brindemos por cada “fágoche un Bizum” que se escoita e por menos “necesito un caixeiro”. Gústanos facilitarche a vida e ver como dedicas o teu tempo ao importante.