- Actualidad
A gran minoría – Takayasu non é unha cidade do Xapón
Ola amiguiñxxxxsss! Esta semana falamos de ser unha moza rara, de minorías que non o son (pero ás veces paréceno), de futuros que se paran, da importancia da investigación médica e da sanidade pública, e dos tres millóns de persoas que conviven con enfermidades raras no noso país ✌🏻 Para iso convidamos á sempre riseira Susana Ramírez (@sosann) para que nos conte a súa historia con Arterite de Takayasu, unha enfermidade vascular pouco común. E a Cristina Fernández, directora da Fundación Inocente, que este ano dedican a súa gala anual aos nenos que conviven con este tipo de enfermidades. PODEDES DOAR CON BIZUM HELP CO CÓDIGO 33379!!!