Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Bizum para ONG: como recibir doazóns con Bizum

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 28/7/22
Última actualización: 18/11/26

Cada vez son máis as ONG que se unen a Bizum para poder ofrecer un servizo de doazóns rápido e sinxelo. Por iso, se formas parte dunha entidade e estás a pensar en integrar Bizum para ONG na túa asociación: toma nota de como se fai. Non só é facilísimo, senón que, ademais, poderás facilitar o proceso de certificado de doazón e formar parte da plataforma de agrupación de ONG máis novidosa do noso país.

Pasos para integrar Bizum para ONG

Bizum é sinónimo de pagamento doado, rápido e sinxelo. Por iso a activación de Bizum para ONG non podería ser doutra forma. En só tres pasos conseguirás habilitar o servizo de doazóns dixital máis cómodo que existe para os usuarios:

  1. – Fala co teu banco: en primeiro lugar, debes comunicar á túa entidade bancaria o teu interese en ofrecer Bizum para recibir doazóns
  2. – Habilitar Bizum: unha vez realizados os formalismos de activación a entidade será a que se encargue de activar o código de doazón, que será único con Bizum
  3. – Recibir doazóns: unha vez que o teu banco habilite o servizo Bizum, xa poderás recibir todas as doazóns! independentemente do banco que as emita. Non é xenial?

Hai algún límite de doazóns con Bizum?

Para nada. Con Bizum para ONG os teus doantes poderán enviar tantas doazóns como queiran. Iso si, se queren realizar doazóns de grandes cantidades deberán agrupalas en máximos de 1.000 euros por cada doazón.

O motivo polo que Bizum limita a 1.000 euros por cada doazón efectuada é unicamente velar pola protección do doante, para así cumprir coas medidas de seguridade dos nosos usuarios.

Como ofrecer o certificado de doazóns?

De acordo co artigo 618 do Código Civil, é un acto “de liberalidade polo que unha persoa dispón libremente dunha cousa a favor doutra, que a acepta”. E como tal debe ser declarada ante a Facenda pública.

Para iso, Bizum para ONG ofrece a posibilidade de habilitar unha canle de comunicación rápida e cómoda para que os teus doantes che soliciten o certificado. Desde a listaxe dispoñible en bizum.es ou desde bizum.help. Nela terá que incluír os seguintes datos que detallamos a continuación:

  • – Nome e Apelidos
  • – DNI
  • – Enderezo postal
  • – Correo electrónico
  • – Importe doado
  • – Data da doazón

Unha vez completada a información, o usuario poderá descargar o seu certificado de doazóns. Como xa che avisaramos, usar Bizum para ONG sempre é fácil!

Conta a túa causa en Bizum.help

O servizo de Bizum para ONG medrou tanto desde o seu lanzamento que por iso vimos a necesidade de aunar a necesidade de doazón por parte dos usuarios, coa falta de recursos por parte das ONG.

Por iso, recentemente lanzamos Bizum.help, unha innovadora plataforma que serve de punto de conexión para canalizar todas as causas activas que necesitan unha recadación de fondos e doazóns de forma segura, cómoda e áxil.

Darse de alta tamén é moi sinxelo. Entra nesta ligazón e activa a alta da túa causa unha vez activado Bizum para ONG.