Saltar al contenido principal
  • Actualidad

Pago por Bizum: despídese do diñeiro en efectivo

Tiempo de lectura: 5 min
Publicación: 26/10/22
Última actualización: 18/11/26

«Sinto moito, non levo solto».

Cantas veces dixeches esta frase no que vai de ano? Se a resposta é «infinitas» é porque es un auténtico Bizumer. E é que, xa sexa un efecto colateral da pandemia ou porque o pago por Bizum é moi sinxelo, os cartos en efectivo están a quedar obsoletos.

E sabes que é o mellor de todo? Que o pago por Bizum cada vez se está a facer máis extensivo permitindo pagar O QUE SEXA E ONDE SEXA de forma fácil, rápida e sinxela.

Que é e como funciona Bizum?

Por se aínda es dos que non sabe que é Bizum, déixanos contarche rapidamente que Bizum é un sistema de pago entre particulares, comercios e ONG que naceu en 2016 da man da banca española. Un produto que permitiu que as débedas acumuladas por culpa dese «xa che pagarei» se solucionasen no momento grazas a unha aplicación bancaria.

Como se fai o pago por Bizum en tendas en liña?

Xa son máis de 40.000 os comercios que habilitaron o pago por Bizum. E é normal, porque quen non escollería Bizum como método de pago? Se é o método máis rápido, doado e seguro que atoparás…

Pero, por se tes dúbidas de como se fai un pago por Bizum na túa tenda en liña favorita, toma nota:

    • – En primeiro lugar, tes que encher o carriño de todos aqueles produtos que queiras mercar. Unha vez teñas isto feito, é momento de ir ao botón de «Tramitar pedido» ou similar.
    • – Nese momento apareceranche varias opcións de pago. Selecciona a opción de «Pago por Bizum».
    • – Agora tan só tes que cubrir algo que de seguro sabes de memoria: o teu número de teléfono. Só iso!
    • – Por cuestións de seguridade, tes que validar a compra que realizaches desde a túa app bancaria.
    • – E xa estaría, agora a esperar a que chegue a túa compra para poderes gozar dela.

* No caso de que o teu banco teña a confirmación do pago por Bizum a través da clave Bizum, tan só tes que meter este código que previamente tiveches que configurar na túa app bancaria.

Pago por Bizum en tendas físicas

Sabemos que o pago por Bizum en tendas en liña se vos está a quedar curto e queredes pagar con Bizum en todos os lados. E como nos gusta compracer os nosos Bizumers… xa temos o pago por Bizum en tendas físicas!

Contámosche as dúas formas que están agora mesmo en activo:

  • 1. Pago por Bizum Loterías y Apuestas del Estado: o primeiro método de pago presencial chegou con SELAE, o que nos permitiu que puidésedes cobrar e pagar os vosos premios de forma presencial, rápida e sinxela, e funciona así:
    • Entrar na sección de Loterías de Bizum da túa aplicación bancaria ou directamente na app de Bizum.
    • Entra na opción de pago ou cobro e xera un código QR de pago por Bizum
    • Móstrallo ao caixeiro para que poida escanear o pago ou darche o teu premio. E listo!
  • 2. Pago por Bizum a través de QR ou ligazón: se vas mercar nun comercio físico e ten activado o pago por Bizum presencial, tan só hai que seguir estes pasos para poderes pagar a túa compra con Bizum:
    • 1. Escanea o código QR ou entra na ligazón de pago que che indique.
    • 2. Completa a forma introducindo o teu móbil, como cando pagas nun comercio en liña… e xa estaría!
    • 3. Móstrallo ao caixeiro para que poida escanear o pago e cobrarche. E listo!

Vantaxes que ten o pago por Bizum

Aínda que as vantaxes son máis que obvias, imos deixarche unha pequena lista polo se acaso che entra a dúbida de por que escoller o pago por Bizum tanto para saldar ou cobrar débedas como para as túas compras:

  • – A principal vantaxe do pago por Bizum é a que todos sabemos… O teu amigo/a non terá ningunha escusa para non pagarche a cea do venres. Esquece estar apurado lembrándolle que che debe «X» cartos e preocúpate de que sempre, sempre, leve o móbil cargado.
  • – Outro dos beneficios do pago por Bizum e de utilizar esta plataforma é que podes estar ao día dos teus movementos, actualizando ingresos e gastos só botando unha ollada á túa app.
    • – Ademais, Bizum é un servizo gratuíto, non cobra comisións.
    • – É un servizo moi seguro. Incorpora un dobre factor de validación e cumpre coa directiva europea PSD2, a normativa de seguridade de pagos en eCommerce.
  • – É inmediato; tan rápido como a velocidade da luz. Esquece esperar días para recibir os cartos; o pago por Bizum prodúcese ao instante.
  • – Ademais, no caso de que fagas unha devolución con Bizum é inmediato. Os teus cartos están dispoñibles na conta en cuestión de segundos.

Con tanto beneficio, a que esperas para ser un bizumer?