Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Seguridade e fraude

É seguro Bizum?

Tiempo de lectura: 2 min
Publicación: 16/10/24
Última actualización: 18/11/26

Sabemos que cando se fala de temas bancarios e transaccións a palabra “seguridade” é unha constante. Sabemos que hai temor ás fraudes e aos ciberdelincuentes, pero cando se trata da seguridade Bizum, podes estar tranquilo! Bizum é seguro, totalmente seguro. E neste post vámosche explicar o porqué.

É seguro Bizum?

Si, é seguro Bizum. Moi seguro. E para que teñas clara a seguridade Bizum imos analizar tres puntos clave que definen a seguridade do teu sistema de pagos favorito:

1. É seguro pagar con Bizum porque está incluído nas apps das propias entidades bancarias, polo que utiliza os seus mecanismos de seguridade para achegar a máxima garantía aos Bizumers.

2. Bizum é seguro xa que cumpre os criterios establecidos na trasposición da directiva europea de pagos PSD2 que establece os mecanismos de autenticación reforzada para ofrecer un pago seguro.

3. Ademais, a seguridade Bizum está apoiada por constantes innovacións da banca española, a máis avanzada de Europa, aplicando factores de seguridade extra como a dobre validación de cada operación.

A seguridade Bizum e a directiva europea de pagos PSD2

Para os que teñen interese especial na parte máis “técnica” da seguridade Bizum imos analizar un factor clave que garante que Bizum é seguro: a directiva europea de pagos PSD2.

A PSD2 (Payment Service Providers) é a normativa europea que se encarga de velar pola seguridade e transparencia nos servizos de pago, recollendo todos os dereitos e obrigas que, tanto entidades como clientes, deben aplicar en materia de servizos de pago. En España aplícase a través do Real Decreto Lei 19/2018 de servizos de pago.

Esta normativa inclúe un requisito de seguridade extra: a Autenticación Reforzada de Clientes ou SCA. Esta SCA esíxelle ao usuario que utilice polo menos dous destes tres elementos (teléfono móbil, un contrasinal ou código PIN e pegada dactilar ou recoñecemento facial) para validar calquera operación.

Por iso podemos dicir con toda tranquilidade que é seguro Bizum, posto que é un servizo ofrecido pola banca española e está avalado por todas as normativas e regulacións españolas e europeas.

Agora xa sabes que a dobre verificación dos teus bizums se debe á SCA e, sobre todo, que grazas a ela é seguro pagar con Bizum.

En resumo, se é seguro pagar a través do teu banco, é seguro pagar con Bizum.