- Artículo
- Particulares
- Primeiros pasos
Como cambiar o número de teléfono en Bizum
Se tes previsto cambiar o número de teléfono en Bizum, non tes por que preocuparte, xa que vas poder facer este proceso de forma moi rápida para seguir utilizando Bizum sen problemas. E é que, como todo o que ten que ver con Bizum, o proceso de cambiar o número en Bizum é dos máis sinxelos.
Cambiar o número de teléfono en Bizum e no teu banco mediante a aplicación
En primeiro lugar, bizumer, é importante que saibas que Bizum é un servizo proporcionado polo teu banco, é dicir, que toda a información para o seu funcionamento é a que tes asociada á túa conta bancaria. Por iso, non necesitas dar máis datos ao darte de alta.
Entón, se queres cambiar o número de teléfono en Bizum, só terás que editar os datos persoais da túa conta bancaria. Por norma xeral, estas xestións menores adóitanse realizar pola propia aplicación do banco, polo que para cambiar o número de teléfono deberás seguir os seguintes pasos:
- Entra na aplicación do teu banco.
- Busca a sección de Bizum, Perfil ou Axustes, e dá de baixa o servizo. Deste xeito, evitarás problemas no cambio e, se unha nova persoa herda ou compra o teu antigo número de teléfono, poderá dar de alta Bizum.
- Busca a sección de “o teu perfil” e accede, alí atoparás todos os datos do titular da conta.
- Localiza o lugar onde se indica o teu teléfono e preme en editar ou busca o símbolo dun lapis.
- Engade o teu novo número; probablemente che pedirán que demostres que es ti mediante o teu contrasinal ou sinatura dixital.
- Cando o cambio de número de teléfono se faga efectivo, poderás darte de alta de novo en Bizum, que estará asociado ao teu novo número. Listo! Así de doado conseguiches cambiar o número en Bizum.
Cambiar o número en Bizum a través da túa entidade
Como xa mencionamos, esta xestión tes que facela directamente co teu banco, e algúns deles teñen protocolos de seguridade distintos aos anteriores.
Por iso, e dependendo da túa entidade bancaria, outra opción para cambiar o número de teléfono en Bizum é poñerte en contacto con eles directamente, e podes facelo acudindo á túa oficina máis próxima ou do seguinte xeito:
- Entra na listaxe de bancos que teñen activado o servizo Bizum.
- Busca o teu e fai clic sobre o seu logo.
- Unha vez na súa páxina web, busca a palabra “contáctanos”.
Unha vez realizada a chamada ou a visita, o teu banco encargarase de realizar as xestións necesarias para tramitar o cambio de número en Bizum. Asegúrate, previamente, de que ti ou a entidade bancaria destes de baixa o teu teléfono en Bizum para evitar problemas futuros. Despois, poderás darte de alta en Bizum, co teu novo número de teléfono, desde a app do banco. Doado, verdade?
Cambiei de dispositivo móbil, pero non de número de teléfono
Se o que cambiaches é o teu dispositivo móbil, pero non queres cambiar o número de teléfono en Bizum, o proceso é moito máis sinxelo, xa que nin sequera necesitas avisar o teu banco.
Tan só tes que pechar sesión na app do teu banco. E, bizumer, un consello de seguridade! Resetea o teléfono móbil antigo para asegurarte de borrar todos os teus datos, especialmente se llo vas vender ou dar a unha terceira persoa.
No novo dispositivo só terás que facer dúas cousas:
- Instalar a aplicación da túa entidade bancaria.
- Introducir o teu usuario e contrasinal.
E listo! Xa poderás seguir utilizando Bizum como sempre.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis