Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Recibir e cobrar

Como cobrar lotería a través de Bizum

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 16/11/22
Última actualización: 18/11/26

Loteiro, cóbrame uns décimos por Bizum.

Bizum é unha ferramenta clave no día a día de moitas persoas. Que sexa un sistema de pago rápido, sinxelo e seguro gusta (e moito). Por iso traballamos constantemente para desenvolver novos métodos que vos permitan usar Bizum en calquera contexto… ata para cobrar lotaría por Bizum.

Cobrar lotaría por Bizum, o primeiro proxecto de pago presencial de Bizum

Empecemos polo principio. Sabías que o pago por Bizum nas Administracións de Lotarías e Apostas do Estado foi o primeiro proxecto de pago presencial que lanzamos? Así é. Podería dicirse que foi por petición popular. Recibimos moitos comentarios de bizumers e comercios que nos animaban a desenvolver un sistema de cobro e pago de maneira presencial. E así o fixemos. Puxémonos mans ao código e, xunto con SELAE (Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado), lanzamos este proxecto cun claro obxectivo: axilizar o proceso tanto de pago como de cobro de premios.

Un ambicioso proxecto que se converteu en realidade a finais de 2020 e que foi o piloto dun sistema que segue medrando cada día máis e máis.

Como cobrar lotaría por Bizum?

Este trámite é supersinxelo. Antes de explicarche se podes cobrar lotaría por Bizum debes ter en conta dous pasos:

    • 1. Que tes activado Bizum no teu móbil.
    • 2. Que a túa entidade habilitase este sistema de pago e cobro doado, rápido e sinxelo. Podes comprobalo aquí.

Se cumpras estes requisitos, agora si que podes seguir estes pasos para cobrar lotaría por Bizum:

    • 1. Entra no apartado Bizum da túa app.
    • 2. Cando isto estea listo, só tes que seleccionar a opción de xerar un código “QR Bizum”.

* Aínda que se prefires simplificar o paso 2, podes escanear directamente o QR que atoparás no teu establecemento de Lotarías e Apostas do Estado e levarate directamente.

    • 3. Mostra o código ao teu loteiro para que poida escanearlo e confirmar a operación.
    • 4. Unha vez confirmada a operación, ambas as partes recibides unha notificación da operación para confirmar que se realizou correctamente.

E xa estaría! Xa só queda gozar do teu premio (dun máximo de 2.000 €) ou agardar a ver se a sorte decide apostar por ti.

É seguro cobrar lotaría por Bizum?

Debes saber que a seguridade é o máis importante para Bizum. Por iso, e para cobrar a túa lotaría por Bizum de maneira segura, o seu servizo cumpre coa directiva europea PSD2 e coa normativa de seguridade de pagos en eCommerce. Ademais, Bizum é unha iniciativa da banca española, polo tanto, estás contando co respaldo dos seus sistemas de seguridade. A transferencia de diñeiro sempre a ordena a túa entidade, que é a encargada de autenticarte.

E no caso concreto de pagar ou cobrar lotaría por Bizum debes saber que tamén é un proceso moi seguro. O código que confirma a transacción varía cada 15 minutos, que é o tempo que se estima para a validez da operación. Ademais, cando se realizou o pago, ambas as partes reciben unha notificación da operación para confirmar que se fixo correctamente. Así non hai dúbidas.

Vantaxes de cobrar lotaría por Bizum para as administracións de Lotarías

Se tes unha administración de lotarías e queres coñecer os beneficios de incorporar o sistema de pagar e cobrar lotaría por Bizum, segue lendo:

    • 1. Bizum é un sistema de pago moi rápido. Tanto ao usuario como a ti só vos levará uns segundos xerar o código, polo que reduces o tempo de espera.
    • 2. Bizum non ten comisións de ningún tipo, nin xuros.
    • 3. O usuario só precisa o seu móbil para facer calquera tipo de operación.
    • 4. É 100 % seguro, estamos respaldados polas entidades bancarias.

Fala coa túa entidade e actívao xa!