- Artículo
- Particulares
- Enviar diñeiro
Como saber se un contacto ten Bizum
Non importa cal sexa o seu fin, saldar ou solicitar débedas de amigos, pagar en comercios ou apoiar esa causa que é tan importante para ti. Bizum forma parte do teu día a día. Sabémolo e iso encántanos, bizumer. Pero en ocasións atopámonos con situacións algo difíciles de crer e é que algún dos teus contactos che diga… (música dramática modo on) “NON TEÑO BIZUM”.
E agora que? Pode que haxa máis persoas nesta situación? Tranquilo. Tráemosche a resposta á pregunta de como saber se un contacto ten Bizum?.
É moi sinxelo e podes sabelo de dúas formas. E tamén che explicamos que pasa se fas un Bizum a alguén que non teña. Segue lendo e resolve todas as túas dúbidas.
Como saber se un contacto ten Bizum a través da axenda Bizum?
Se a túa entidade bancaria ten enlazada a axenda con Bizum, sabelo é moi fácil seguindo estes tres pasos:
-
- 1. Abre a túa app bancaria e selecciona a opción de enviar un Bizum.
- 2. Á hora de cubrir os datos, selecciona a opción de “axenda” en vez de teclear directamente o número.
- 3. Unha vez se abra a axenda, ao lado de cada contacto verás a través do logo de Bizum, quen está dado de alta e quen non.
Como ves, é moi sinxelo e visual.
Como saber se un contacto ten Bizum a través da túa axenda?
Descubre se un contacto utiliza Bizum directamente desde a túa axenda de contactos da seguinte forma:
1. Accede á túa aplicación bancaria.
2. Selecciona a opción para enviar un Bizum.
3. Ao completar os datos, elixe «axenda» en lugar de ingresar o número directamente.
4. Ao ir completar o Bizum, aparecerache unha mensaxe indicando que esa persoa non ten Bizum. E iso é todo? Non! Desde Bizum ofrecémosche a opción de que completes a operación para que chegue a modo de “solicitude” para que se una á comunidade Bizumer e así poder recibir o seu diñeiro de forma fácil, rápida e sinxela.
Podo enviar un bizum a un contacto que non ten Bizum?
Si, podes. Aínda que a persoa á que queres enviar un Bizum aparece como “non bizumer”, podes enviarllo. Mesmo aínda que non apareza (ou apareza riscado) o contacto de Bizum.
Neste caso o que ocorre é que, como che diciamos, o receptor recibe unha notificación, normalmente por sms, onde se lle explica que unha persoa lle enviou un bizum e que para recibilo debe darse de alta na súa aplicación antes de 48h. Pola contra o bizum volverá ao seu emisor e a súa débeda terá que ser saldada por outra vía (máis lenta seguro 😉).
Que facer se enviaches un bizum por erro a un contacto que non ten Bizum?
Como sempre que se trate dunha transacción con Bizum, o primeiro de todo, tranquilo. Se fas un bizum a unha persoa que non ten Bizum a transacción non se fai efectiva ata que esta se dá de alta. E se non se dá de alta, o diñeiro non chega a saír da túa conta. No entanto, por se tes algunha dúbida sobre que facer en caso de enviar un bizum a unha persoa que non ten Bizum, neste outro artigo podes ver que ocorre en todo momento co teu diñeiro, segundo sexa a túa situación.
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis