Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Pagar con Bizum

Diferenzas entre o pago NFC e o pago Bizum

Tiempo de lectura: 4 min
Publicación: 23/11/22
Última actualización: 18/11/26

Cada vez é máis habitual pagar as compras co móbil. É tan fácil, rápido. Estar na cola dunha tenda ou nun supermercado e, simplemente con amosar o móbil, ¡pagado!

Pero… sabías que hai diferentes tecnoloxías para facer o pago a través do móbil? Así é, querido Bizumer. Por un lado, atopamos o sistema de pago NFC e, por outro, a través de QR, que sería o que utilizamos en Bizum.

Que é o pago NFC?

O pago NFC vén das siglas Near Field Communication. Que na súa tradución ao galego podería ser algo como «pagar a través dun campo próximo de comunicación». Isto quere dicir que é unha tecnoloxía que permite a comunicación entre dous dispositivos a curta distancia.

Normalmente de 4 cm é de xeito sen fíos. É dicir, para facer un pago NFC tan só tes que achegar o dispositivo 1, por exemplo, o teu móbil, ao dispositivo 2, que sería neste caso un TPV. E só con facer isto xa poderás intercambiar datos entre ambos os dous dispositivos para proceder a un cobro.

Existen dous tipos de comunicación neste tipo de tecnoloxía:

  • – Bidireccional: onde dous dispositivos que teñen habilitado o NFC poden lerse e escribirse entre si.
  • – Unidireccional: aquela comunicación na que un dispositivo que teña NFC le e escribe nun chip con esta mesma tecnoloxía. Por exemplo, se pasamos a nosa tarxeta no bus, inmediatamente retírase o diñeiro do noso saldo.

Ademais, trátase dun sistema de pago de alta seguridade, xa que ten verificación biométrica (pegada dactilar ou recoñecemento facial).

Como funciona o sistema de pago NFC?

Esta forma de pago é moi sinxela. Pero antes de comezar a usar o pago NFC, debes ter en conta tres cousas:

  • 1. Ter un teléfono que incorpore o chip NFC.
  • 2. Dispoñer dunha carteira virtual ou Wallet.
  • 3. Que o comercio onde vaias realizar as túas compras acepte este método de pago.

Para saber se o teu teléfono móbil ten incorporado o chip que habilita o pago NFC, só terás que ir ao apartado «Axustes», buscar en «Dispositivos conectados», e se está dispoñible, activala. Así de fácil.

Bizum usa o pago NFC?

A resposta é sinxela: Non. Bizum non utiliza o pago NFC para facer transaccións comerciais. A que se debe? A que este é un sistema que exclúe aqueles dispositivos que non teñan esta tecnoloxía incorporada.

Cal é a tecnoloxía que utiliza Bizum para substituír o pago NFC?

O pago mediante QR é a tecnoloxía que utiliza Bizum para facer transaccións presenciais en comercios. Grazas a esta tecnoloxía, o comercio pode recibir o teu pago por Bizum sen necesidade de ter ningunha tecnoloxía extra no teu dispositivo máis aló da túa app bancaria.

Como funciona o pago por Bizum vs o pago NFC?

O pago por Bizum en comercios que o teñan habilitado é moi sinxelo. Por exemplo, no caso de querer pagar unha aposta nunha Administración de Loterías tan só tes que:

  • 1. Entrar na sección de Bizum da túa app bancaria
  • 2. Seleccionar «Pagar con Bizum» para xerar un QR.
  • 3. Amósallo ao loteiro para que poida escanearlo. E listo!

No caso do pago NFC tamén é sinxelo, pero, como che diciamos:

  • 1. Precisas dispoñer dun dispositivo que permita facer este tipo de pagos.
  • 2. Activar e configurar o pago a través dunha aplicación tipo wallet
  • 3. Activar este método de pago
  • 4. Achegar o móbil ao dispositivo TPV.

É mellor o pago por Bizum que o pago NFC?

Ambas as opcións son seguras e rápidas. Pero o beneficio extra no caso de Bizum é que, ademais de ser universal, incorpora un dobre factor de validación: o código QR que confirma a transacción varía cada 15 minutos, que é o tempo estimado para a validez da operación, e cumpre coa directiva europea PSD2, a normativa de seguridade de pagos en comercio electrónico.

E agora que xa tes toda a información nas túas mans, cal dos dous métodos de pago prefires utilizar?