Saltar al contenido principal
  • Artículo
  • Particulares
  • Pagar con Bizum

Cales son as formas de pagar co teu teléfono móbil?

Tiempo de lectura: 3 min
Publicación: 11/2/25
Última actualización: 18/11/26

Practicamente vivimos pegados ao móbil todo o día, porque ofrece tantííísimas opcións para todo (vida profesional, persoal, de lecer…). Pero, sobre todo, o noso móbil permítenos pagar de forma sinxela. E, posto que na actualidade hai moitas opcións, queremos explicarche cales son as formas de pagar co móbil que existen e que vantaxes ofrece cada unha delas.

Formas de pagar co móbil a través do teu banco

Cando se trata de cartos, bizumer, o mellor é que sempre recorras a sistemas oficiais de pago. Xa que só así estarás beneficiándote de todas as medidas de seguridade que ofrece a túa entidade. Por iso queremos explicarche as formas de pagar co móbil de forma segura:

  • Transferencias bancarias. Se tes instalada a aplicación do teu banco no móbil, poderás realizar este tipo de transaccións sen problemas. Son as máis tradicionais e adoitan utilizarse para importes altos, non tanto para compras rápidas, xa que poden tardar varios días en facerse efectivas e non todos os comercios as aceptan.
  • Tarxetas bancarias. Xa sexa unha tarxeta de crédito ou débito, podes vincular estas tarxetas no teu móbil e pagar as túas compras de forma sinxela.
  • Moedeiros dixitais. Esta opción funciona recargando previamente o teu “moedeiro” desde a túa app bancaria para, posteriormente realizar o pago desde o teu móbil.
  • Pago por Bizum. O teu sistema favorito non podería faltar na lista de formas de pagar co móbil, xa que, como ben sabes, grazas a Bizum podes realizar unha gran variedade de pagos con só utilizar o teu móbil, sen necesidade de recorrer a nada máis.

E de todas as formas de pagar co móbil, cal é a mellor?

Seguramente leas acerca doutras formas de pagar co móbil, pero, como servizo bancario, desde Bizum sempre imos recomendarche aquelas opcións que teñan o respaldo dos nosos bancos.

Dito isto, se hai que decidir entre todas as que hai… téñémolo claro! Pode que pequemos de pouca modestia ou quizais egocentrismo, pero… evidentemente Bizum é a mellor opción. E se non, aquí vai o “xustifica a túa resposta”.

  • É unha das mellores formas de pagar co móbil ás túas amizades. Estades de viaxe ou nunha cea e estades dividindo a conta? Cando che toque pagar, fáiselles un Bizum con toda a rapidez e tranquilidade que isto supón.
  • É unha das mellores formas de pagar co móbil as túas compras. Que compras un produto online e queres pagar ao momento e esquecerte? Bizum ‘ao canto’ e solucionado!
  • É unha das mellores formas de pagar co móbil á familia. É o aniversario do teu tío e comprásteslle un agasallo conxunto entre todos (ou á túa tía, se che cae mellor 😊). Salda as túas débedas nun momento; lémbrate de nós!
  • É unha das mellores formas de pagar co móbil as túas doazóns. Sacar o teu lado máis solidario é tan fácil con Bizum. Introduces a cantidade e o código de doazón e listo!
  • É unha das mellores formas de pagar co móbil a túa lotería, e tamén cobrala! Ai, a quen lle tocara… En todas as Administracións de Loterías e Apostas do Estado poderás pagar as túas apostas e cobrar os teus premios con Bizum a través de código QR. Na túa administración de lotería de confianza encantaralles!

Agora que xa sabes toooodos os beneficios que ten usar Bizum, entre todas as formas de pagar co móbil que existen. E non só polo cómodo que é, senón porque usar Bizum é sinónimo de seguridade, palabra de Bizumer!